26/11/2010

VISITA DE ALICIA ALONSO


O alumnado de 5º curso, dirixido polas súas mestras, está inmerso nun proxecto de lectura ó que chaman  "ÁNIMO LECTORES. TIRA DA CORDA E AMÁRRATE NA AVENTURA" no que, entre outras cousas, se da resposta á pregunta GÚSTACHE LER?; pregunta que está sendo respostada polo alumnado, polo profesorado,  por xente vencellada á vida cultural do pobo e por escritores de libros lidos polos alumnos.

Onte, dentro deste proxecto, recibiron a visita da pintora local ALICIA ALONSO que fixo as delicias de nenos e mestras.

LEU PARA ELES
                                                            
DEBUXOU

FÍXOSE FOTOS DE GRUPO

PEGOU A SÚA RESPOSTA E A FOTO NO MURAL
                                     FOI TODO UN PRACER ALICIA!!!!!

17/11/2010

A VISITA DE PEPIÑO

Onte , os nen@s de 1º recibiron unha sorpresa moi especial. Non é a primeira vez que o noso moucho entra nas súas aulas (pola noite, xa sabedes que é máxico) para deixarlles agasallos e libros, pero o de onte...era tan grandote que decidiu deixar unha nota para que baixasen á Biblioteca e...
                                                 
QUE SERÁ?
un enorme libro de Nadal que os deixou....mirade as súas caras....IMPRESIONADOS!
ÉCHE BEN GRANDE!
 Como son moi list@s e xa len moi ben...pois púxeronse mans á obra.


ATA A PRÓXIMA PEPIÑO!!!
                                             (Pincha encima se queres velas máis grandes)

12/11/2010

CONTO VIAXEIRO

Este é o conto que fixemos entre tod@s o curso pasado. Na SEMANA DAS BIBLIOTECAS, xuntámonos tod@s, alumnado e profesorado para velo. Seguro que vos encantará...

O que faremos este curso, promete ser aínda mellor!!!!

O NOSO MELLOR CONTACONTOS


O día 29 de outubro, celebramos no cole o SAMAÍN. Ese día, os nosos pequechos, tiveron unha visita moi especial, un bruxiño que os tivo toda a mañá enganchados coas súas historias.

Aínda que... se nos fixamos un pouco...si! si!, é O PROFE JOSE!!!!

                                NORABOA PROFE!!
                                       GRAZAS POR ESE DÍA!!!
(Se pinchades encima, verédelas máis grandes)
ESCOITADE!

O MELLOR: AS CARIÑAS DOS PEQUENOS...

04/11/2010

CONTACONTOS

Durante a SEMANA DAS BIBLIOTECAS o nosos alum@s maiores, convertíronse nos mellores contacontos dos seus compañeir@s máis pequenos. Foi para ambos unha experiencia moi enriquecedora.


 Se non me credes, ide á dereita da páxina onde tedes unha seleción de fotos (FOTOS CONTACONTOS)  pinchade encima e observade esas cariñas....     


                                           MARABILLOSA EXPERIENCIA!

01/11/2010

POESÍAS DE OUTONO



Tempo de outono, de chuvia e de vento. Tempo de castañas, de magosto. 


Tempo de ler estas fermosas poesías recollidas aquí e aló.....


                                        DISFRUTÁDEAS!

     CLICAR :   Poesia