24 de out. de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois do éxito alcanzado o curso pasado coas mochilas viaxeiras,…..
¡VOLVEN A VIAXAR!
A Biblioteca invita de novo ás familias a disfrutar do material que vai agochado  no interior das mochilas: libros, música, enciclopedias, revistas… que foi preparado con moita ilusión polos mestr@s.
Tamén vos invita a encher cos vosos comentarios o caderno viaxeiro
FELICES E PROVEITOSAS LECTURAS!!!!

CONTIDO DA MOCHLA

ESTA SEMANA TÓCAME!!!

21 de out. de 2010

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





O sábado 23 celébramos unha data moi importante para as Bibliotecas, data que nós convertimos en SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .Para celebrala, por 2º ano temos organizadas unha chea de actividades :

1)      Aparecerá nas aulas o CONTRATO, documento de compromiso dos nosos lectores e lectoras coa Biblioteca e os libros, que, como en anos anteriores, leremos co alumnado, firmarase e pincharase no corcho para que non nos esquezamos…
2)    O XOVES 27 comenzarán a rular as MOCHILAS VIAXEIRAS ás casas das nosas familias, que xa esperan por elas con ilusión…
3)    Daremos un MARCAPÁXINAS deseñado pola profe MAITE ( que é toda unha artista) para que se decore na hora de Plástica e se plastifique se se quere.
4)    Proxectaremos o CONTO VIAXEIRO que fixemos entre tod@s o curso pasado e que a profe LUCÍA pasou a D.V.D o MÉRCORES 27 na HORA DE LER polo que tod@s, alumnado e profesorado, entraremos directamente ó salón de actos ó rematar o recreo.
5)    SESIÓNS DE CONTACONTOS: O alumnado pequeno, baixará á Biblio na hora indicada e….¡SORPRESA! os seus compas máis maiores vannos sorprender con algo que estiveron preparando con moita ilusión……
__________________3 anos XOVES 28-2ª HORA
6ºA_________________1º A MÉRCORES 27-ÚLTIMA HORA
6ºB_________________4 ANOS  XOVES 28-1ª HORA
5ºA_________________1º B MARTES 26 –ÚLTIMA HORA
5º B_________________ XOVES 28- 4ª HORA
__________________5 ANOS XOVES 28-4ª HORA

17 de out. de 2010

SAMAÍN

Chega o outono e con él as castañas, e as cabazas, chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e empeza o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
                                p://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

A Biblioteca do C.E.I.P Mestres Goldar, elaborou este vídeo coa letra de Mamá Cabra.   DISFRÚTÁDEO......



14 de out. de 2010

CANCIÓN PARA PEPIÑO


O curso pasado, o alumnado de 2º, cantoulle esta canción ó noso moucho. A profe Lucía de Infantil foi a que os gravou.  A que cantaron moi moi ben????

         
video



3 de out. de 2010

PARA QUE SERVE O GALEGO

Nestes tempos tan difíciles para o noso idioma, invítovos a ver e escoitar este fermoso video que seguramente vos chegará ó fondo da ialma...