28/02/2011

OUTRA VISITA DE PEPIÑO!!!!



¡SOMOS NÓS, OS DE 5 ANOS...É ENTROIDO!
A semana pasada, os nenos de 5 anos, ó chegar á clase,... tiñan unha sorpresa! Alí, por riba da mesa do profe Jose, estaba unha carta de Pepiño e...uns libros preciosos que acababan de chegar á Biblio, e como Pepiño é máxico, e sabe que xa len moi ben, prestoullos por uns días.


Os nenos puxéronse tan contentos que decidiron facerlle uns debuxos e darllos á profe Mari, a encargada da Biblio, para que os puxera na corcheira e os visen os outros nenos/as.

¡QUE BEN ESCRIBEN E DEBUXAN!
 (PICHAR ENCIMA PARA VELOS GRANDES)
ATA PRONTO PEPIÑO, ESPERÁMOSTE!

18/02/2011

A PRINCESA DO CAUREL


                         Acaba de incorporarse á Biblioteca este precioso libro que deberedes ler porque vos vai encantar.


Os pitufiños de Samieira, fixeron estas preciosas actividades sobre el.
(CLICAR NO ENLACE PARA VELAS)


http://pequechinhos.blogspot.com/2010/03/princesa-do-caurel.html


GRAZAS POR COMPARTILAS COS NOSOS NEN@S PITUFIÑ@S!!!

15/02/2011

INVESTIGAMOS SOBRE O CASTRO DE SANTA TREGA

Impulsado pola Biblioteca, boa parte do alumnado e profesorado do Centro, iniciamos unha investigación sobre un dos bens máis prezados do noso pobo: O POBOADO CASTREXO.


Antes de pornos mans á obra, recibimos a visita de JAVIER CRESPO, concelleiro de Patrimonio do Concello da Guarda e profesor de historia do IES A Sangriña, que nos deu unha charla informativa previa para que os mestr@s fosemos tomando contacto coa materia.


FOI MOI INTERESANTE!!!

13/02/2011

MÁIS VISITAS!!

Outras dúas visitas á nosa Biblioteca e ós nosos nen@s de 5º que traballan a reo para desenvolver o seu proxecto de lectura, que escomenzaron aló polo mes de setembro.

Esta vez acompañounos ANTONIO LOMBA, concelleiro de cultura do concello da Guarda e profesor de tecnnoloxía do I.E.S A Sangriña 


ANTONIO FIRMOU NO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIO

e o cronista guardés J.ANTONIO URIS  

URIS  CON TOD@S

Como podedes ver nas fotos, fixeron disfrutar moito ós rapac@s.

GRAZAS ÓS DOUS!!!

06/02/2011

VISITOUNOS O ALCALDE DA GUARDA

O alumnado de 5º curso, está este ano de noraboa. Están recibindo moitas visitas de xente coñecida do pobo, que se achega ó cole a lerlles algún libro porque dende principio de curso están inmersos nun proxecto de lectura que desenvolven con moito entusiasmo.

A semana pasada, recibiron a visita do alcalde do pobo XOSÉ MANUEL DOMINGUEZ FREITAS








 que se achegou traendo debaixo do brazo o libro de Ánxel Fole "A lus do Candil" e compartiu cos nen@s algúns dos seus relatos.





FÍXOSE  A FOTO DE GRUPO CON TOD@S

FIRMOU NO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIOTECA
(CLICAR NAS FOTOS PARA VELAS GRANDES)

GRAZAS ALCALDE POR ADICARNOS UNHA PARTE DO TEU TEMPO!!!!