17 de mar. de 2011

O NOSO PROXECTO SOBRE O CASTRO DE SANTA TREGA ESTÁ EN MARCHA!

Comenzamos a traballar con moito entusiasmo neste proxecto que temos en común un grupo de mestres/as e o seu alumnado. Iremos informando de como se van desenvolvendo os diferentes proxectos.

Para empezar, nada mellor que visualizar este vídeo para  decatarnos de como podía ser a vida dos nosos antepasados.

SEGURO QUE VOS GUSTARÁ!!!

11 de mar. de 2011

A DIVERSIDADE DA TERRA

Non vos perdades este marabilloso documental da BBC.
Tres minutos de pracer para os ollos e os oídos!

DISFRUTÁDEO A PANTALLA COMPLETA!
                             MERECE A PENA!

9 de mar. de 2011

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Acabo de ENLAZAR (NA DEREITA DA PÁXINA, SITIOS QUE DEBES VISITAR) esta marabilla de enciclopedia que edita a UNESCO.
 Reune mapas, textos, fotos, grabacións, películas de todos os tempos e explica en sete idiomas, entre eles o español, as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta, acompañados dunha breve explicación do seu contido e significado.


MERECE A PENA QUE LLE BOTEDES UNHA OLLADA!!!

7 de mar. de 2011

MARZO MES DA POESÍA

Este mes de marzo, adícase á poesía. Dende a Biblioteca, invitámosvos a ler poesía. Para iso, propoñemos que este mes na hora que cada curso ten para ir á Biblio, mentras facedes o cambio de libros, collades para ler libros de poesía que están no andel correspondente e tamén os poremos ó lado do noso Pepiño, na entrada da Biblio.


Tamén vos deixamos este arquivo con fermosas poesías que seguro que vos van encantar.


ÁNIMO LECTORES-POETAS!!!!

CLICAR AQUÍ: POESÍAS VARIADAS