26/04/2011

COÑECENDO A LOIS PEREIRO

O 17 de Maio do 2011, Día das Letras Galegas, estará adicado a Lois Pereiro. No libro Lim "Lois Pereiro" atoparedes algúns datos da súa vida.

(clicar na dirección)
MIL GRAZAS POR COMPARTILO!!

19/04/2011

RECITAMOS POESÍAS!!!

E chegou o día! Aquí estamos todos xuntos celebrando o DÍA DO LIBRO.

Foi un acto moi vistoso presentado por YAHIR E BLAS DE 6º A.
OBSERVADE AS FOTOS!!!



09/04/2011

IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Este xoves, 14 de abril, despois do recreo, na Hora de Ler, reunirémonos todos, alumnado e profesorado para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como sabedes, é o 23 de abril, pero que este curso coíncide nas vacacións de Semana Santa.

Como xa sabedes porque así o 
publicamos neste blog, levamos todo o mes de Marzo, recopilando e ilustrando marabillosamente poesías de autores diversos. Clicade na foto, xa veredes como é verdade!.


Por iso, celebraremos ese día lendo cada curso a súa poesía, dende os máis pequechos ata os máis maiores.


SEGURO QUE TOD@S IMOS DISFRUTAR MOITO!!!

05/04/2011

NOVO ORDENADOR

Na Biblioteca estamos de noraboa! Acaban de instalarnos un ordenador para que poidades CONSULTAR todo o que queirades e así, satisfacer a vosa curiosidade e traballar moito no que os prof@s vos pidan.


    USÁDEO MOITO PERO...TRATÁDEO BEN!!!!!

04/04/2011

ABRIL: MES DO LIBRO

 O 23 de abril, é o día do libro. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, W. Shakespeare e Miguel de Cervantes.

 Dende  hai uns anos, na biblioteca do cole, aproveitamos par facer unha chea de actividades. Este curso, reunirémonos no salón de actos o día 15 despois do recreo para ler as poesías que con tanta ilusión recopilaron e ilustraron os nenos e nenas de todos os cursos para celebrar  en marzo o mes da poesía e que podedes ver no mural da entrada do cole.

Pero non sempre o libro foi un obxecto cotiá, fácil de adquirir nin fácil de ler ou levar. Se botamos unha ollada á esta  fabulosa presentación que fixo unha mestra de Melide (A Coruña), veremos que ata a aparición da imprenta o libro foi privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media. Que gran sorte a nosa agora!.

Disfrutádeo, merece a pena!!

CLICAR AQUÍ---HISTORIA DO LIBRO