30/10/2011

INVESTIGACIÓN E ILUSTRACIÓN SOBRE O SAMAÍN

Chéganos este fermoso traballo de investigación e ilustración que fixo o alumnado de 4º A para o proxecto COMENIUS REGIO no que está inmerso o Centro. Descubrimos da súa man que é o Samaín, que son as cabazas e unha lenda relacionada co tema. Tamén recolleron e ilustraron poesías con temática de medo e unha canción, todas de autores ben coñecidos por eles. ¿A QUE LLES QUEDOU MOI PRECIOSO?

22/10/2011

CONTO VIAXEIRO: VIAXE NO TEMPO.

Este é o 2º ano que facemos, todo o alumnado do Centro un conto que, como vai de aula en aula, demos en chamar CONTO VIAXEIRO.

O luns 24, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, xuntarémonos todos no salón de actos para velo ...na pantalla grande!!

Damos as grazas á profe LUCÍA de Infantil, que como boa coordinadora do Equipo TIC se encargou da montaxe.

MIRÁDEO CON MOITA ATENCIÓN PORQUE MERECE A PENA!!!

20/10/2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMENZARON A SÚA ANDAINA.

Hoxe, xoves 20 de outubro, as MOCHILAS VIAXEIRAS emprenderon a viaxe na que, semana a semana, percorrerán as casas dos nosos nenos e nenas dende Infantil ata 6º.



Ían cheas de contos, poesías, música, pelis, revistas...... Non van parar ata fin de curso e chegarán seguramente cargadas de moitas anotacións nos CADERNOS VIAXEIROS que con tanta ilusión contan as nosas familias.
BOA VIAXE!!!!!! e...

BOAS LECTURAS!!!!!!!!!!

14/10/2011

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de OUTUBRO celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Por 3º ano, organizamos no Centro unha chea de actividades e convertimos ese día na nosa particular:
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (17-24 OUTUBRO).
O programa é o seguinte:

*Comenzarán a viaxar as MOCHILAS VIAXEIRAS para encher de boas lecturas as casas do noso alumnado.

*Levamos tempo facendo nas aulas un CONCURSO DE MARCAPÁXINAS, que agora toca resolver para dar un premio por ciclo: os marcapáxinas gañadores, un por ciclo, levaranse á imprenta e repartiranse entre todo o alumnado.

*Durante toda a semana, teremos a III SESIÓNS DE CONTACONTOS, na que os nosos pequechos, disfrutarán coas cousas que os máis maiores lles teñen preparadas. Xa poremos as fotos!!

*Pecharemos a semana proxectando o CONTO VIAXEIRO que fixemos o curso pasado o LUNS 24 na Hora de Ler, no Salón de actos.

A DISFRUTAR TOD@S!!!!!

13/10/2011

POÑÉMOSLLE MÚSICA Ó SAMAÍN!!!!

Dende a  BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR, chéganos este vídeo sobre o SAMAÍN baseado na canción do grupo MAMÁ CABRA.(Se queres vela máis grande, clica encima)

     Se pinchades neste enlace, tedes a letra:                CANCIÓN DO SAMAÍN-MAMÁ CABRA

MIL GRAZAS POR COMPARTILA!!!!!!!

07/10/2011

O MELLOR CONTACONTOS DO MUNDO MUNDIAL!!!!!!!

Co comezo do novo curso, retomamos no Centro a HORA DE LER, un tempo, despois do recreo no que o alumnado disfruta da lectura.

Os nosos pequenos disfrutan enormemente este momento da mañá, no que o protagonista principal é o noso mellor contacontos, O PROFE JOSE que lles fai vivir momentos emocionantes, cheos de maxia como se pode ver na foto.

NORABOA PROFE!!!   MIL GRAZAS POLO ESFORZO!!!!!

05/10/2011

CHEGA O SAMAÍN!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Acabouse o verán. Chega o outono. Marcha a calor e chega o frío, as conversas a carón do lume, as castañas, as cabazas, os contos de medo....O SAMAÍN.
A Biblioteca, achégavos uns ENLACES para saber máis desta festa nosa, antecedente do Halloween americano.

INVESTIGA NAS SÚAS ORIXES, CLICA: http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
QUE SABEMOS DAS CABAZAS? CLICA:http://gl.wikipedia.org/wiki/Cabaza

LIBRIÑO CUNHA CHEA DE ACTIVIDADES, CLICA: http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html


Ademáis, a Biblio invítavos a ler os libros que baixo o título "LECTURAS PARA TREMER" están expostos ó lado do Pepiño.


A QUE ESPERAS????