31/05/2012





CLICA ENCIMA PARA VELO GRANDE!
Remata o curso e como última exposición, queremos facer un reconto dos libros novos que chegaron á nosa Biblio este curso. Se aínda non os liches aproveita agora, son de moitos temas: música, paises, profesións, contos   marabillosos...


Cando veñas á Biblio pídellos ós axudantes ou ás profes, GUSTARANCHE!!!

30/05/2012

A VELLA LULULA

Dende   O RECANTO DE LEO-CEIP A LAMA chéganos esta fermosa curta de animación. É a historia da vella Lulula e o seu tendal. (Clica nas flechas e verala en grande)
FERMOSO TRABALLO. PARABÉNS!


23/05/2012

VISITOUNOS SUSA HERRERA!!!!


O día 23 de maio os nosos pequechos de infantil recibiron unha visita moi especial :SUSA HERRERA  (profesora das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, donde dirixe a sua labor docente á Area Didáctica de Expresión Musical.) Ademáis é autora duns libriños preciosos que temos na nosa biblio e que podedes ler e escoitar porque todos traen un C.D

Nesta visita presentounos o libro "Animais EnCantadores" e todos os nenos e nenas cantaron e bailaron con ela. Ademáis tivo dous axudantes moi especiais que tamén bailaron e cantaron: O PROFE JOSE e A PROFE MARÍA.


Foi unha sesión moi especial.Todos disfrutaron moitísimo, so tedes que ver as fotos!!



Para que disfrutedes aquí vos deixo unha das súas 

cancións máis antigas: O POLO PEPE




PARABÉN PARA SUSA E MILES DE GRAZAS POR TODO O QUE FIXO DISFRUTAR ,OS NOSOS PEQUECHOS!!

14/05/2012

COÑECENDO OS NOSOS SITIOS: O CASTRO DE SANTA TREGA

A profe MARI da Biblio, achéganos este LIM (xa sabedes libriño interactivo con actividades) sobre O CASTRO DE SANTA TREGA que a maioría de nós estudamos e visitamos o curso pasado. Se queres velo a pantalla completa, clica no rectángulo.


ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!

08/05/2012

MÁIS SOBRE PAZ ANDRADE

Dende O RECANTO DE MIK chéganos un novo LIM sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE  para que o disfruten os máis pequechos.

Miles de grazas por compartir! Seguro que lles encantará!

03/05/2012

RECURSOS PARA OS MÁIS PEQUENOS


Ana Martinez Rey achéganos este precioso LIM (libriño cheiño de actividades) para os máis pequenos sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE. Marabilloso traballo que sempre comparte.


A QUE ESPERAS PARA CLICAR? GUSTARACHE!

A HORA DE LER EN PORTUGUÉS

Foi unha sesión entrañable e moi vistosa. A LECTORA DE PORTUGUÉS ANA chegou coa súa presentación do conto  A QUE SABE A LÚA e comezou a contalo...en portugués.

O público,os nosos pequenetes de INFANTIL, embelesados, escoitando e participando. Os mestr@s que alí estabamos, moi contentos co que pasaba, vendo as cariñas dos nen@s.

Aquí queda a proba, sobran os comentarios.

PARABÉNS A ANA E MILES DE GRAZAS POLA COLABORACIÓN QUE SEGURO NON SERÁ A ÚLTIMA.!!!!

02/05/2012



E chega MAIO cargado de libros na nosa lingua que tedes colocados no lugar habitual de exposicións.






Dentro da Biblio, a profe ANA da aula de apoio, invítavos a abrir unha "caixiña pinta"... e descubrir os seus tesouros. 
APETÉCEVOS?



Dende o CPI DOS DICES (ROIS A CORUÑA) chéganos este gran traballo en forma de informativo onde se recolle a vida e obra do autor homenaxeado este ano: VALENTÍN PAZ ANDRADE.


Queredes saber POR QUE HAI UN DÍA DAS LETRAS GALEGAS? Clica para descubrilo.

Agora un pouco de historia clicando ESCRITORES HOMENAXEADOS.