28/11/2012

HORA DE LER/ BIBLIOTECAS DE AULA

Que a lectura é fundamental nas aprendizaxes dos nosos nenos e nenas tod@s o temos claro. No cole xa levamos uns anos apostando por ela dende o que demos en chamar HORA DE LER que figura nos horarios oficiais de todos os cursos, dende infantil a 6º.

Que facemos na HORA DE LER? Pois...lemos! e que lemos? Pois...todo tipo de libros, xornais, revistas... que traemos das casas e compartimos cos compis, que collemos da Biblio...

Aquí quedan as imaxes dos recunchos de lectura das aulas. Todos eles ben fermosos e orixinais. Levamos a aula ás casas para que as vexades, seguro que vos gustarán... (Se clicades nas catro flechas, disfrutarédelas en grande)

VISITOUNOS UN ESCRITOR

O alumnado de 6º curso leva todo o trimestre lendo un libriño que lles encantou.  O outro día achegáronse á Biblio porque recibiron a visita do seu autor.


Compartiu con eles as súas experiencias e firmoulles nos seus libros. Remataron facéndose unha foto todos xuntos demostrando que foi unha experiencia moi agradable.





GRAZAS POR VIR!   GRAZAS POR ESCRIBIR!

21/11/2012

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O vindeiro 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Dende BIBLIOPEPIÑO queremos aportar o noso pequeno gran de area nesta loita.


Buscamos un recuncho dentro da Biblio para expor os nosas LECTURAS PARA A IGUALDADE.




Aquí quedan estos videos para que tod@s reflexionemos:
O alumnado do CEIP MANUEL RODRIGUEZ SINDE fixo este videoclip de repulsa á violencia de xénero. NORABOA polo traballo e GRAZAS por compartilo.


Dende a XUNTA DE ANDALUCÍA con música:



SORKUNDE: unha supermamá



MULLERES E HOMES QUE ROMPEN ESTEREOTIPOS


Agora un contiño ROSA CARAMELO de Adela Turín

20/11/2012

E AGORA...CINE!!



Pois si, este curso, atrevémonos con 

todo! Inauguramos... sesións de cine no recreo!! Bueno, esta vez foi un documental en forma de debuxos que nos ensinou a coidar os nosos dentiños.

Acudiron moitos nenos e nenas e polas caras que puñan debeu de gustarlles moito así que...en breve repetiremos a experiencia.

RESOLVEMOS UN MISTERIO

Cando vos ensinamos o recuncho de novembro, deixamos a Pepiño debaixo dun paraugas cun letreiro que puña CHUVIA DE PALABRAS.

                                                     Pois hoxe, traemos o misterio resolto: apareceron as palabras!!. Como estamos cerca do inverno, os nenos e nenas de 1º, aproveitaron para estudar vocabulario do inverno e encheron a corcheira de gotas e paraugas nos que escribiron palabriñas relacionadas con esa estación.
ATA LLE PUXERON PALABRAS NA BUFANDA!

Que boa idea!!!! Mirade as fotos!!!




GRAZAS NENOS E NENAS DE 1º E TAMÉN ÁS MESTRAS!

14/11/2012

NOVA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA

Estrenamos actividade na Biblio!!! Unha das nosas AXUDANTES DA BIBLIO ....contounos un conto!!!




Uns días antes, fixemos publicidade con este carteliño.









Chegou o día e...CANDELA (que contaba o conto) estaba un pouco nerviosa e tamén UXÍA (que foi a súa axudante). Chegou o público e empezou o conto...












Creo que lles gustou moitísimoooooooo porque aplaudiron moito e mirade que cariñas de felicidade!



GRAZAS CANDELA, GRAZAS UXÍA  POR ALEGRARNOS A MAÑÁ!!!

12/11/2012

CITAS LECTORAS

No mes pasado, pedimos ás nosas familias que en compañía dos nenos e nenas, plasmasen no papel CITAS LECTORAS. Como xa imaxinábamos porque sempre é así, as familias responderon estupendamente. Encheron a corcheira de preciosas CITAS, inventadas ou recollendo as palabras de quen as dixo. Os nen@s trouxéronnas con moita ilusión e nós, fómolas colgando. Aquí quedan as imaxes.



MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS!!!!!!!!!!!!!!

06/11/2012

NOVEMBRO





Onte cando chegamos ó colexio...menuda sorpresa!. No recuncho da Biblio, estaba PEPIÑO coma sempre, bueno coma sempre non !!, estaba tapado cun paraugas e abrigado cunha bufanda!. Ahh, que susto!...








Seguimos mirando e...do teito colgaban uns paraugas de moitas cores!!





Non entendíamos nada ata que vimos o cartel do sitio onde se expoñen os libros:

So quedou unha cousiña sen resolver:: no paraugas de Pepiño estaba pegado un carteliño que dicía: CHUVIA DE PALABRAS, ¿Que palabras? Pronto resolveremos o misterio...mentras esperamos aquí quedan as imaxes.

LIBROS PARA O INVERNO



O RECUNCHO QUEDOU MOI VISTOSO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!  

04/11/2012

ACHÉGASE O MAGOSTO






O vindeiro venres día 9 celebraremos no colexio o magosto. Para ir preparándonos, seguro que queredes saber máis cousas sobre

 O CASTIÑEIRO e AS CASTAÑAS (clica no título)

QUE RICAS!!!!!!
Seguro que despois de todo o que lestes gustaravos xogar un pouquiño. Así que aquí queda este LIM  feito no CEIP JUAN FERNÁNDEZ LA TORRE ó que agradecemos moito que o compartan porque seguro que vos gustará, hai para tod@s pequechos e grandes. A que esperas, CLICA e empeza!
       
O MAGOSTO


E...so para os máis pequechos dende o CRA RAIÑA ARAGONTA aquí vos deixo este LIM