18 de dec. de 2013

BO NADAL!!!

O Equipo da Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas e que o vindeiro ano que xa está petando na porta, chegue cargadiño de boas cousas para tod@s.

Deixamos as imaxes do nadal feitas entre todas as familias: os bos desexos, os orixinais adornos da árbore e as estrelas,botas e bolas que enchen os teitos do cole....Coma sempre, moitas grazas ás nosas familias que sempre están dispostas a colaborar!!!


FELICES FESTAS!!! 

17 de dec. de 2013

CINE DE NADAL: MADAGASCAR

"navidad,los pinguinos de madagascar"


E de agasallo, xa coñecedes a Simon'Cat

CINE NO NADAL: SALVAR O NADAL

Unha marabilla como todo o que fai esta mestra ANA MARTINEZ REY: 


Hoxe de agasallo esta panxoliña de MAMÁ CABRA
"Na casa da miña avoa"

16 de dec. de 2013

CINE NO NADAL- O EXPRESO POLAR

Esta é a historia dun neno que xa non cre en Papá Noel nin no Nadal. O día de Noiteboa, un tren máxico para frente á súa casa e o pequeno monta nel nunha viaxe que o levará directo ó Polo Norte onde descubrirá a maxia do espíritu de Nadal, que so poden ver os que cren nela...



E, de agasallo unha panxoliña de Nadal na voz do noso cantautor TINO BAZ:                                        "Buscando unha estrela"

15 de dec. de 2013

O NADAL DOS DESEXOS



Un nadal máis, aquí quedan as nosas recomendacións de libros para que as poidades incluír nas vosas cartiñas a Papá Noel ou ós Reis....

Recordade que este é....O NADAL DOS DESEXOS e que entre estes desexos sempre sempre sempre
deben estar OS LIBROS!!!!


( VERÉDELA EN GRANDE SE CLICADES ABAIXO NO TÍTULO)




10 de dec. de 2013

OS NEN@S DE INFANTIL E O APALPADOR

Os nenos e nenas de Infantil, coñeceron de cerca ó apalpador e a súa historia. Coa música de Malvela, aquí vos deixo os seus traballos:



QUE O DISFRUTEDES!!!

9 de dec. de 2013

COÑECENDO O NOSO: CASTELO DA SANTA CRUZ





O pasado venres 6 de decembro, abriuse ó público o CASTELO DE SANTA CRUZ, un fermoso espazo de 20.000 metros cadrados que se ubica no centro da nosa vila. Forma parte das construccións que se fixeron no Baixo Miño e tamén en Portugal con ocasión da guerra de Restauración portuguesa.                                    
                              



Se queredes coñecer a súa parte histórica

                    CLICADE: PATRIMONIO GALEGO.

No recinto levouse a cabo unha profunda reforma: murallas, xardíns e camiños. Aquí deixamos as imaxes... aínda que despois de velas, o mellor é unha visita ó lugar, porque merece a pena!!!

8 de dec. de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA..."MADIBA"



O pasado día 6 deste mes de decembro, morría NELSON MANDELA, e o mundo enteiro recórdao estes días.

Madiba, como se coñecía cariñosamente, loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas, entre negros e blancos e contra as inxustizas convertíndose nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.

Dende Bibliopepiño, queremos adicarlle esta pequena homenaxe e que mellor homenaxe que coñezades quen foi e cal foi a súa loita.


«He atesorado el ideal de una sociedad libre y democrática, en la que las personas puedan vivir juntas en armonía y con igualdad de oportunidades. Es un ideal por el que estoy dispuesto a morir»Nelson Mandela, 1961





Esto foi o que dixo ante o tribunal que o xuzgaba. E foi ó cárcere nada menos que 27 anos. Afortunadamente non tivo que morrer por estas ideas.

Aquí vos deixo unha biografía resumida deste grande home:


Dende a Biblioteca XOÁN FARIAS do Ferrol, achégannos esta imaxe que compartimos plenamente.



ATA SEMPRE MADIBA!!


2 de dec. de 2013

UN CONTO PARA NADAL...E....UN CANTO DE REIS




Aquí vos deixo para que escoitedes un Canto de Reis: GUEDELLAS DE CABRA que cantaba FUXAN OS VENTOS. Recoller o aguinaldo dos veciños era un dos principais motivos dos cantos de reis tan populares na nosa tradición oral de Nadal. 
(DARLLE O PLAY)

1 de dec. de 2013

O NADAL NO MUNDO

E seguimos co Nadal. Agora imos ver como se celebra o Nadal noutros lugares do mundo:
(en grande nas catro flechas)


 De agasallo unha panxoliña do libro de MAMÁ CABRA: "Xa me tardan estes magos"

24 de nov. de 2013

UN NOVO CONTO NO RECREO!!

De novo, os nosos axudantes volveron a sorprendernos!!! Prepararon un contiño "Orellas de bolboreta" e ELAS e mais EL : Aldara, Duna, Nahir e Eladio comenzaron a función que, por suposto lles gustou moito ós nenos e nenas que os escoitaron porque foi unha actuación....estupenda!!!!  

Aquí quedan as imaxes:

20 de nov. de 2013

ACHÉGASE O NADAL!!!


Nadal encerra múltiples tradicións  que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas. Aquí vos deixo algunhas:

COSTUMES E TRADICIÓNS DO NADAL: o tizón de nadal, o acivro, o capón de Vilalba, o Belén,a estrela, a árbore,Papá Noel, Os reis Magos, a comida, a roupa...APRENDERÁS UNHA CHEA DE COUSAS!!
O Nadal en Galicia: para coñecer moitas cousiñas...



PAPÁ NOEL: a súa historia

NADAL aquí che deixo unha chea de receitas...


(en galego)

O APALPADOR: PARA COÑECER NO NADAL

A Biblio invítavos a coñecer este Nadal a este home chamado O APALPADOR.
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas do Courel en Lugo. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.


Os nen@s do CEIP XUVENCOS cóntannos a súa historia:



Agora lémola:


(en grande nas catro flechas)


Entrevista ao Apalpador na tvg

O Apalpador | A canción e o baile


Aquí vos deixo esta CANTIGA DO APALPADOR que gravou o grupo MALVELA, debaixo tedes a letra.


                Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña


Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.


Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.


Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.



 Dende o CEIP OUTEIRO DAS PENAS, chéganos este LIM  O APALPADOR




Dende o BARBANZA pregúntanche se....QUERES XOGAR CO APALPADOR?

18 de nov. de 2013

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





Un ano máis chega o 25 de novembro no que celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Aquí deixamos unha chea de cousas intentando aportar o noso pequeno gran de area , que nos fagan reflexionar: 

O que demos en chamar LIBROS PARA A IGUALDADE e que puxemos ven visibles na zona de exposicións:















Contos:

ARTURO E CLEMENTINA:Arturo e Clementina son dúas fermosas tartarugas namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Arturo pasa o día pescando Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Arturo tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia..., pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo....



AS ZAPATILLAS DEPORTIVAS DE SOFÍA:(Calca na flecha para ver a pantalla completa)


UNA FAMILIA MUY NORMAL:En casa de Héctor y Sergio, el domingo se inicia como de costumbre: su papá se levanta el primero y prepara el desayuno mientras ellos ordenan su habitación y su mamá pone la mesa. Cuando su amiga Sandra entra en la casa, observa como Sergio, Héctor y su papá realizan distintas labores domesticas y exclama: "¡mi mamá no me lo va a creer!"

Carmen Gil déixanos uns poemiñas moi feitiños para traballar a igualdade:







Uns contos en vídeo:

 EL PRÍNCIPE CENICIENTO



¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?.

17 de nov. de 2013

BAD PAT VISITOU Ó ALUMNADO DO 2º CICLO


Por cortesía da Librería LER da Guarda, o alumnado do 2º ciclo tivo a oportunidade de coñecer a BAD PAT(clica e accederás á súa páxina) xa que o curso pasado estiveron lendo os seus libros.

Se clicades na súa páxina O BAÚL DE 4º, teredes acceso a todas as imaxes.

CANTO DISFRUTARON!!

16 de nov. de 2013

E CHEGOU O DÍA....

Na Biblio cuns poucos de nervios e moita ilusión, apareceron este venres elas, LUCÍA, VALERIA, ALDARA E NAYARA co seu contiño na man, con todo o material que prepararon e comenzou o conto. Miles de parabéns e miles de grazas porque resultou....moi moi moi ben!!!. Houbo sorpresa final, tal como estaba anunciada....moitos caramelos que voaron polos aires para endozar o padal dos nenos e nenas que escoitaron o conto co moita atención.

Aquí quedan as imaxes:

13 de nov. de 2013

O VENRES: CONTO NA BIBLIO NO RECREO

Tres das axudantes da Biblio, prepararon con moita ilusión un conto para que o escoitedes o venres 15



NON FALTEDES PORQUE ADEMÁIS HABERÁ...SORPRESA FINAL!!

12 de nov. de 2013

POR FIN OS VIDEOS DAS NOSAS SESIÓNS DE CONTACONTOS!!

O outro día deixamos as imaxes das SESIÓNS DE CONTACONTOS. Nelas puxemos máis atención nas cariñas de abraio e emoción dos máis pequechos. Agora deixamos os vídeos, poñendo toda a nosa atención nos que contaron, nos máis maiores ós que damos un grande aplauso porque o fixeron....espléndido!!

CÁMARAS E ACCIÓN!!!
A Bruxa 3º E.P

Os tres porquiños 6ºE.P



Dinosaurio Belisario 4º A


Contos de medo 5º

4 de nov. de 2013

CONTO VIAXEIRO

Aquí está por fin o Conto Viaxeiro que fixemos o curso pasado de aula en aula. Estamos moi orgullos@s do resultado. Agradecemoslle á Profe Lucía de Infantil que, coma sempre se encargou da montaxe e o fixo....estupendamente!!!! 

 Para visualizalo e disfrutalo, xuntarémonos todiños, mestr@s e nen@s no salón de actos. Logo, aquí queda para que o disfruten as familias porque ....merece a pena!!!
O GRÚFALO
AUTORES: NENOS E NENAS DO CEIP A SANGRIÑA DA GUARDA

3 de nov. de 2013

ACHÉGASE O MAGOSTO

O VENRES DÍA 8 de novembro se o tempo acompaña, celebraremos no cole o magosto. Mentras chega o día aquí vos deixo unha chea de cousas: información sobre castañas e magostos, Lims (libriños interactivos), cine e música.
Que os disfrutedes!!

Dende o IES AS LAGOAS de Ourense, chéganos esta completísima presentación: costumes, refráns, adiviñas, cantigas, poemas, gastronomía...

Como cociñar con castañas


Empeza o outono e con el a tempada da castaña. Un produto por descubrir na nosa cociña.




Dende a EEI MONTE DA GUÍA comparten con nós este fermoso Lim para os máis pequechos narrado coa voz dos nen@s
XIAN E O CASTIÑEIRO

 Dende o déixannos tamén para os máis pequechos este LIM DO MAGOSTO


Dende o CEIP IGREXA VALADARES , para tod@s  CELEBRAMOS O MAGOSTO 




UNHA CURTA:


A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e  a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor. 



Clicade: DE MAGOSTO COS TREBÓN


Jesús Pareja que xa nos acompañou no Samaín, déixanos outra canción para o magosto



"Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamusco."

Ana Martinez, montou de xeito diferente este contiño que xa coñecedes doutros cursos:




1 de nov. de 2013

IMAXES DA SEMANA DOS CONTACONTOS

Foron coma todos os cursos (e xa van catro) uns momentos de moita emoción e nervios, por parte dos maiores que narraban, contaban ou dramatizaban o conto e de moito abraio e atención por parte dos nosos pequechos como ides ver nas imaxes.

Este ano, por cortesía da profe Lucía, veremos os videos das actuacións!! aínda que non será hoxe...un pouco de paciencia!!

A tod@s grazas polos momentos pasados e polo taballo desenrolado. Ós mestres e mestras un ¡¡bravo!! por estar sempre dispostos a sorprender.

29 de out. de 2013

COÑECENDO O NOSO

Presentámosvos un documental titulado:
TESOUROS VIVOS DO MAR DA GUARDA.
É un pedaciño da nosa historia, unha chea de persoas que consideramos uns tesouros porque nos contan a historia da súa vida, unha vida relacionada cos oficios do mar: argaceiras, redeiras, cordoeiros, carpinteiros de ribeira....oficios desaparecidos uns e a piques de facelo outros.

Coñeceredes modos duros de vivir que nos deixan a súa pegada. Algúns poden ser familiares vosos ou persoas que coñecedes, por iso,vos invitámos a velo en familia que, seguro que o ides disfrutar.
(en grande no cadrado)




Clicade tamén nesta páxina PATRIMONIO DA GUARDA e veredes, sobretodo as familias, moitas cousas de interese, entre elas, unha morea de fotos antigas nas que seguro ides recoñecer a alguén.


 Apetécevos mergullarvos na vosa historia e coñecela??



28 de out. de 2013

CURTAS DE SAMAÍN: OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO

Na noite de defuntos nunha vila galega unha rapariga foxe da casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no camposanto falaban... castelán! Historia baseada nun relato de Ánxel Fole.

27 de out. de 2013

24 de out. de 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA VIAXE

Un curso máis as mochilas viaxeiras inician a súa andaina cara as vosas casas e xa non voltarán ata o mes de xuño. Levádelas cargadiñas de historias fantásticas, de grandes aventuras, de preciosas fotos para que en familia compartades esas boas lecturas.

Ademáis non vos esquezades de encher con palabras, poesías e debuxos o caderno viaxeiro. Xa sabedes que no mes de xuño o taboleiro da Biblio  encherase coas vosas opinións.

Disfrútadeas moito, desexando que sexan do voso gusto. MOITOS BICOS, APERTAS E ACHUCHÓNS

Pepiño, Dono da Noite







22 de out. de 2013

24 OUTUBRO 2013. DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante esta semana e a próxima, para celebrar o día  da Biblioteca escolar (24 outubro) BIBLIOPEPIÑO xa está preparada para a festa cunha chea de actividades que vos encantarán:

* Faremos por...4º ano!!! a nosa Sesión de Contacontos que os noso alumnado maior (de 3º a 6º) está preparando con moita ilusión para que os máis pequenos vexan e sintan a maxia dos contos . A súa ilusión, as súas cariñas quedarán reflexadas nas imaxes que vos mostraremos axiña que as teñamos.

*As Mochilas Viaxeiras tamén iniciarán a súa andaina este venres 24. Damos as grazas ós mestr@s que as están enchendo de materiais moi diversos para que as disfruten toda a familia.

*Por fin, veremos o CONTO VIAXEIRO que percorreu todas as aulas do cole e que a profe Lucía de infantil se encargou de montar. Adiántovos que...quedou moi precioso!!!




E...moitas destas actividades, farémolas na Biblio, onde agora vive o noso Pepiño coa súa nova plumaxe.


Aínda que...para que non se sinta so, apareceron alí esta familia de moniños chegados dende Inglaterra ós que, pouco a pouco, fóronse unindo máis animaliños!!! Que ben o van pasar!!!

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DE TODO!! FELIZ DÍA DA BIBLIO!!

17 de out. de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

            SAMAÍN!! 
   Empezamos vendo este video para recordar que celebramos no Samaín. Ademáis acompáñanos a música de Mamá Cabra:



Para os máis pequechos dende a Escola Infantil MONTE DA GUÍA  SAMAÍN. Ten sonidos!! Encantaravos!!!


UN SAMAÍN DE CONXUROS Para os máis maiores dende o CEIP A PEDRA
TERRORÍFICOS!!!

E para tod@s un conto clásico para estas datas: CORRE CORRE CABACIÑA


FELIZ SAMAÍIIIIIIN!!!!!