21 de xan. de 2013

FINA CASALDERREY, NOVO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Recibimos con ledicia a nova de que unha escritora de literatura infantil e xuvenil, que tod@s coñecemos e lemos,FINA CASALDERREY(Clica e accederás á súa páxina), é dende o venres 19 de xaneiro, membro numerario da Real Academia Galega. Dende esa institución din que "a súa incorporación supón un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura".




No ano 2008 visitou o noso Centro e deixounos un agasallo en forma de texto que enmarcamos e, ocupa un lugar destacado na nosa Biblioteca. (Se pinchas encima lerás o texto mellor.) 


A súas obras...que dicir delas!, tod@s as coñecemos, as lemos, as recomendamos ó noso alumnado e... a eles tamén lles encantan e os enganchan.A que si? Pincha nas fotos para velas grandes:
EXPOMOS AS SÚAS OBRAS!







NORABOA FINA!!!!PERO...SEGUE ESCRIBINDO PARA NÓS!!!


16 de xan. de 2013

DIA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar pola Paz e Non Violencia.

Coma sempre, deixamos no lugar habitual de exposicións (recén renovado) a nosa selección de LIBROS PARA A PAZ.
  Pero, que é a paz? Escoitade, xa veredes que lindo...

Agora un contiño, O HOMIÑO DE PAPEL

Tamén música! aquí queda: CANTARELA DOS NENOS. CANCIÓN DE PAZ baseado nun poema de Neira Vilas. Imaxes e letra farannos reflexionar coa esperanza dun mundo mellor.




E... non podían faltar os LIM (libriños con actividades) CLICADE NOS TÍTULOS:

BELÉN JUNQUERA achéganos esta marabilla   O SOÑO DE LOLO

Outro :    PAZ: LIBRO COLABORATIVO.


Dende O RECANTO DE MIK, Julia Gónzález achéganos para os máis grandiños:
                       DIA DA PAZ.

"... hai que entrenar a mente e o espírito para saber vivir en paz no medio das tempestades do mundo". (Vicente Ferrer).

7 de xan. de 2013

ESTAMOS NO INVERNO

Dende o 21 do pasado decembro, estamos no inverno, chove e vai frío...

Para que entredes en calor, aquí vos deixo uns videos e uns LIM (libriños con actividades) cos que seguro aprenderedes moitas cousiñas sobre o inverno.

 Para os máis pequechos, Ana María Rey, fixo tan ben coma sempre:ABRIGÁMONOS EN INVERNO

¡¡¡¡¡¡¡¡¡ATCHÍSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!   Divertido conto con actividades froito do intercambio creativo entre tres blogs amigos.

Dende o CEIP RÍA DE VIGO déixannos                                CHEGA O INVERNO

CONTO SOBRE O INVERNO




PAISAXES DE INVERNO COA MÚSICA DE VIVALDI