17 de mar. de 2013

AGASALLOS PARA ELES!

Adicado a todos os pais, titores, coidadores, avós...que día a día se esforzan polos seus pequech@s!!

UN PAPÁ A LA MEDIDA


PAPÁ POR FAVOR, CONSÍGUEME LA LUNA



E agora un pouco de música: EL TOPO GIGIO- YO QUIERO SER COMO MI PAPÁ


12 de mar. de 2013

IMAXES DA II SEMANA DA POESÍA NA SANGRIÑA

Baixouse o telón!! Foi un verdadeiro éxito. Tod@s, mestr@s e alumnado quedamos moi satisfeitos e, aínda que o traballo foi moito, todo saiu...excelente!! e se non o credes aquí deixamos as imaxes que o demostran.



NORABOA A TOD@S!!


11 de mar. de 2013

VISITOUNOS UN ESCRITOR!!

Os nenos e nenas de INFANTIL recibiron o outro día unha visita moi especial: PEPE MAESTRO, autor duns libros que levaban tempo traballando nas aulas. Recibírono como se merece, cun cartel xigante que os nen@s de 3 anos se encargaron de pintar.

Foi para todos, profes e alumnos unha xornada moi especial.Aquí quedan as imaxes que o demostran.

GRAZAS PEPE....POR ESCRIBIR E POLA VISITA!




6 de mar. de 2013

8 MARZO: DÍA DA MULLER

ADICADO A TODAS VÓS!!!

Antes de nada, un pouco de historia: POR QUE CELEBRAMOS ESTE DÍA?
Agora que xa o sabemos, vemos esta  magnífica PRESENTACIÓN  sobre MULLERES GALEGAS que nos chega dende o IES FREI MARTÍN SARMIENTO



E agora, dous videos que nos farán reflexionar:

EL SUEÑO IMPOSIBLE



O PAÍS DOS MANDÓNS






E non podía faltar un LIM: ONCE DAMAS ATREVIDAS



QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 8 DE MARZO!!

2 de mar. de 2013

COMENZA A FUNCIÓN



Xa chegou o momento, esta semana, nas Horas de Ler, reunirémonos todo o cole no salón de actos para recitar poesía no que será a II Semana de Poesía na Sangriña.

 Este é o PROGRAMA:

Ademáis, deixamos as imaxes do lugar habitual de exposicións onde temos unha morea de libros de poesía para que os disfrutedes.

Aquí queda támén o carteliño que loce na corcheira para que non vos esquezades de rodealo das poesías que faredes ou copiaredes en familia.