30/04/2013

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA

Para todas vós que sodes nais, ás que desexedes selo algún día, ás avoas...que pasedes un bo día aínda que todos os días deberían ser Día da Nai!

*Na voz de LUAR NA LUBRE 

Miña nai, miña naiciña
Como a miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa.
Co calorciño da súa
Ai la le lo ai la la la.

*Diferentes ilustradores móstrannos a súa visión da maternidade






*MI MAMÁ HACE MAGIA

25/04/2013

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

Aproxímase o 17 de maio, día das Letras Galegas, este ano adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Para coñecer a súa vida e obra aquí deixamos uns enlaces:

*Dende o CEIP CONDESA DE FENOSA (O BARCO DE VALDEORRAS) achégannos esta fermosa presentación:

*Dende o CPI DOS DICES-ROIS ( A CORUÑA) ,remítennos un telexornal para coñecer mellor ó autor homenaxeado.

E agora que xa sabemos moito do autor....a traballar. Aquí vos deixo uns LIM chulísimos:

-Dende a BIBLIOTECA DE MALLÓN,  achegan :
                    (CLICADE NOS TÍTULOS)






               PARA O 1º CICLO









                     PARA O 2º CICLO    





  PARA O 3º CICLO
*Aquí deixamos unha morea de materiais para imprimilos e tamén para facer en liña:  SEMINARIO GALÁN: MATERIAIS PARA IMPRIMIR  
                    
  MILES DE GRAZAS A TOD@S OS MESTRES E MESTRAS QUE FIXERON ESTES TRABALLOS E QUE OS COMPARTIRON!!!

23/04/2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Tal como prometemos, aquí quedan as imaxes. Foi para todos unha fermosa experiencia, padriños, madriñas, afillados, afilladas e mestr@s. O día acompañou, lucía un sol espléndido. O patio quedou "sementado" de nenos e nenas, uns lían, outros escoitaban. Algúns trouxeron agasallos para os afillados que fixeron con moito cariño. En agradecemento a Biblio agasallou a madriñas e padriños cun marcapáxinas, os pequechos tiveron o mellor agasallo...os libros que lles leron.


22/04/2013

UN AGASALLO PARA AS BIBLIOTECAS NO DÍA DO LIBRO

Co gallo do día mundial do libro 2013 a escritora, narradora,actriz e directora teatral PAULA CARBALLEIRA, agasalla ás Bibliotecas Escolares cun texto ben fermoso para motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro". Aquí o deixamos.




Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

GRAZAS PAULA É UN AGASALLO BEN FERMOSO!

19/04/2013

23 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Levamos todo este mes de abril falando de libros, pero sabes COMO SE FAI UN LIBRO?. Aquí queda este interesante documental para explicalo. (Clica nas flechas para velo grande)
Agora que xa o sabemos, abrimos este LIM e imos aprender moito sobre os libros, en primeiro lugar a razón pola que se celebra neste día LIM: COUSAS QUE DEBO SABER DOS LIBROS

Agora un video: ROBERTO E OS LIBROS, un conto para motivar á lectura.
Aquí vos deixo tamén unha fermosa curta que vos fará soñar....


FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

17/04/2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES: 23 DE ABRIL

O 23 de abril, celébrase en todo o mundo o DÍA DO LIBRO.


 Dende a Biblio levamos todo o mes adicándollo a distintas cousiñas relacionadas cos libros. Ese día, faremos unha actividade moi especial, chegou o día dos apadriñamentos!

Os nosos nen@s maiores serán os padriños ou madriñas... de quen?, pois dos nosos pequechos que se convertirán nos seus afillados ou afilladas.


Padriños e madriñas,buscarán ó seu afillado (que xa coñecen ), elexirán un curruncho no patio e...a ler!

XA ME TARDAN AS IMAXES,
SEGURO QUE SERÁN...FANTÁSTICAS!!

16/04/2013

UN CONTO CLÁSICO

Aquí vos deixo un conto de toda a vida, os que chamamos clásicos...esta vez en imaxes.... 
OS SETE CABRITOS:Había unha vez nunha cabana no medio do monte unha mamá cabra que vivía cos seus sete fillos... 

DISFRÚTAO!!

10/04/2013

OLLOS DE AULA: REVISTA DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Deixamos esta revista OLLOS DE AULA, que achega información variada ó redor da educación e busca , segundo nos din os autores "acompañar ás familias na dificil tarefa de educar ós fill@s". É unha publicación mensual e pódese descargar e imprimir. (CLICAR NAS CATRO FLECHAS PARA AGRANDAR)

06/04/2013

ABRIL: MES DO LIBRO. MÁIS COUSIÑAS DE LIBROS

Unha curta baseada no libro do mesmo título, que vos encantará....
EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS


E agora con música a ritmo de rap: O RAP DO LIBRO de MIGALLAS

03/04/2013

ABRIL: MES DO LIBRO---ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

En abril....libros mil!!! Hoxe, tócalle o turno a este clásico de Lewis Carrol, "Alicia no país das marabillas" que traballou lendo distintas adaptacións e facendo unhas fantásticas creacións plásticas a profe ALICIA co seu alumnado de 6º curso.
Para que vexades que é verdade, aquí vos deixo as imaxes



E, como agasallo para estes rapaces e rapazas despois dun traballo ben feito (e porque ademáis son uns estupendos axudantes desta Biblioteca) aquí lles deixo a peli .


QUE A DISFRUTEDES E NORABOA POLOS TRABALLOS!!!

02/04/2013

ABRIL: MES DO LIBRO

Máis cousas sobre os libros... Para empezar, un pouco de historia nesta magnífica presentación que fixo a profesora Susana Losada. Como iredes descubrindo, o libro non sempre foi un obxecto fácil de adquirir como nos pasa actualmente. Non tedes curiosidade???

Aquí deixamos unha fermosa poesía de (Carmen Gilwww.poemitas.com

               ¿QUE ES LEER?


Es viajar, y no en avión,
coche, barco, tren ni moto,
a cualquier lugar remoto,
sin moverte del sillón.

Navegar por el Mar Muerto,
escalar el Himalaya
o una pirámide maya,
ir en camello al desierto…
  
Es trasladarte al futuro
o pasear de la mano
por el pasado lejano,
sin necesitar conjuro.

Subir a un mamut lanudo,
ver a Cleopatra en su trono
−¡cómo se da pisto y tono!−,
visitar Marte a menudo…
  
Escuchar con atención
esas historias aladas
que, con palabras calladas,
vuelan hasta el corazón.

Conversar con Gloria un rato
del camello de Melchor,
de un pingüino con calor,
de Chundarata o don Pato…
  
Es refugio y es consuelo,
como el cálido achuchón
que, con sabor a canción,
te da una nube del cielo.

Llamar al hado Parchís,
que ayuda con su varita
a aquel que lo necesita
si el mundo se vuelve gris.

La lectura es compañera,
esa amiga singular
con la que puedes contar,
hogar que acoge y espera.     


E agora, un pouco de música non podía faltar: TAN SOLO CON LERES UN LIBRO de MAMÁ CABRA, baseado nun poema de ANA MARÍA FERNÁNDEZ
                                

01/04/2013

ABRIL: MES DO LIBRO



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase   o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Aquí queda o CARTEL deste ano e a mensaxe en forma de poesía:

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha 
Blanco


Andersen....quen é? Autor de contos que tod@s coñecemos: "O parrulo feo" "O soldadiño de chumbo" "A sereiña"...  Para coñecelo mellor, Julia González do CEIP Mestres Goldar achéganos este marabilloso LIM 
                          COÑECENDO A ÁNDERSEN  
Agora en imaxes un dos seus contos:
 O SOLDADIÑO DE CHUMBO

DISFRUTÁDEO!!