20 de xuño de 2013

SEGUIMOS ABERTOS EN VACACIÓNS!!!

Nestas vacacións invitámosvos a mergullarvos nestas cousiñas que vos deixamos. A xunta de Castela e León, ano tras ano, ofrécenos unha morea de xogos e actividades.

                       CLICADE NOS TÍTULOS!!!

                  Este é o caderno deste ano:


ABIERTO POR VACACIONES- 2013 Para que disfrutemos das vacacións de verán aprendendo e xogando.
Aquí vos quedan algúns doutros anos:


FELIZ DESCANSO!!!

19 de xuño de 2013

DESPEDIMOS ÓS NOSOS AXUDANTES

A piques de rematar o curso, toca despedir ós nosos axudantes de Biblioteca deste ano, que, como son de 6º, emprenden a súa viaxe cara o IES.
Quixemos agradecerlles o seu traballo e adicación á Biblioteca e foron agasallados cun diploma e...por suposto, UN LIBRO!!!.


MOITA SORTE RAPACES!!!!

17 de xuño de 2013

NO VERÁN, LIBROS...TAMÉN LERÁS!!!

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións de libros para que os leas no verán.(Se queres velas mellor, dalle ás catro frechas)


BOAS LECTURAS!!!

12 de xuño de 2013

DAMOS POR FINALIZADO O NOSO PROXECTO

Este foi o nome que lle quixemos dar ó proxecto impulsado pola Biblioteca, un PROXECTO COLECTIVO  no que participou a maioría do alumnado e profesorado. A través deste blog fomos seguindo os distintos traballos, que unha vez rematados fomos expondo a compañeiros doutros cursos. Así, vimos maquetas de CASAS INDIANAS e explicáronos onde estaban, por que se fixeran..., tamén soubemos do duro traballo das REDEIRAS , xogamos a moitos xogos de antes: AROS, CACHIZA, ZANCOS..., soubemos como se SECA O PEIXE, visitamos a PRAZA DE ABASTOS e estudamos alimentos que alí se venden, investigamos as IGREXAS, CAPELAS e ERMIDAS do pobo e visitamos algúns LAVADOIROS nos que antigamente se lavaba a roupa.

O noso proxecto, mereceu unha reseña na PÁXINA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA tal como veredes se pinchades no enlace.

Damos as grazas ás familias pola colaboración prestada, aportando material ou axudando nos traballos e felicitamos a tod@s, ALUMNADO e PROFESORADO porque estamos convencidos de que o verdadeiro éxito está na unión de tod@s. O vindeiro curso iniciaremos outro proxecto colectivo que nos ilusione a tod@s.

8 de xuño de 2013

A VOZ DA SANGRIÑA

Aquí deixamos a nosa revista anual. É un resume de todo o traballo feito no curso. O vindeiro curso, poderedes disfrutala en papel nas Mochilas Viaxeiras.

7 de xuño de 2013

PRESENTACIÓN DO TRABALLO DO PEIXE SECO

Para rematar o seu traballo, o alumnado de 3º curso, déixanos esta presentación da súa investigación sobre o PEIXE SECO.


BO TRABALLO RAPACES!!