8 de out. de 2013

POÑÉMONOS EN MARCHA!!!!!

Este é o cartel que apareceu na entrada do cole!!! Todos o estabades desexando!!! chegou o día no que se abre a Biblioteca!! Xa podedes coller libros en préstamo no horario que está establecido e xa podedes vir nos recreos!!! Todos os cursos tedes moitas gañas pero este é especial porque....despois de tirar un tabique...a Biblio está moito máis grande!! Pronto poremos as imaxes para que as vexan as nosas familias.





Claro que para axudarvos nos recreos están coma todos os curso un grupiño de rapaces e rapazas de 6º que se van convertir nos nosos axudantes. Agradecémoslle xa de principio a súa colaboración desinteresada.Aquí volos deixo en imaxes.

Pero.... xa claro!! fáltanos alguén moi importante na nosa Biblio.... Primeiro apaeceu esta mensaxe na entrada do cole:
E despois.......atención!!!! atención!!!! chegou...O NOSO PEPIÑO!!!!  moi renovado e... con gafas!, claro faise maior, pero con gañas de volver para deixarvos libriños e notiñas. Que vos parece? Está fermoso??

QUE GUAPIÑO ME SINTO!!! GRAZAS PROFE ANA, GRAZAS PROFE CARMEN!!


DISFRUTADE MOITO DA VOSA BIBLIOTECA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario