29/10/2013

COÑECENDO O NOSO

Presentámosvos un documental titulado:
TESOUROS VIVOS DO MAR DA GUARDA.
É un pedaciño da nosa historia, unha chea de persoas que consideramos uns tesouros porque nos contan a historia da súa vida, unha vida relacionada cos oficios do mar: argaceiras, redeiras, cordoeiros, carpinteiros de ribeira....oficios desaparecidos uns e a piques de facelo outros.

Coñeceredes modos duros de vivir que nos deixan a súa pegada. Algúns poden ser familiares vosos ou persoas que coñecedes, por iso,vos invitámos a velo en familia que, seguro que o ides disfrutar.
(en grande no cadrado)




Clicade tamén nesta páxina PATRIMONIO DA GUARDA e veredes, sobretodo as familias, moitas cousas de interese, entre elas, unha morea de fotos antigas nas que seguro ides recoñecer a alguén.


 Apetécevos mergullarvos na vosa historia e coñecela??



28/10/2013

CURTAS DE SAMAÍN: OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO

Na noite de defuntos nunha vila galega unha rapariga foxe da casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no camposanto falaban... castelán! Historia baseada nun relato de Ánxel Fole.

27/10/2013

24/10/2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA VIAXE

Un curso máis as mochilas viaxeiras inician a súa andaina cara as vosas casas e xa non voltarán ata o mes de xuño. Levádelas cargadiñas de historias fantásticas, de grandes aventuras, de preciosas fotos para que en familia compartades esas boas lecturas.

Ademáis non vos esquezades de encher con palabras, poesías e debuxos o caderno viaxeiro. Xa sabedes que no mes de xuño o taboleiro da Biblio  encherase coas vosas opinións.

Disfrútadeas moito, desexando que sexan do voso gusto. MOITOS BICOS, APERTAS E ACHUCHÓNS

Pepiño, Dono da Noite







22/10/2013

24 OUTUBRO 2013. DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante esta semana e a próxima, para celebrar o día  da Biblioteca escolar (24 outubro) BIBLIOPEPIÑO xa está preparada para a festa cunha chea de actividades que vos encantarán:

* Faremos por...4º ano!!! a nosa Sesión de Contacontos que os noso alumnado maior (de 3º a 6º) está preparando con moita ilusión para que os máis pequenos vexan e sintan a maxia dos contos . A súa ilusión, as súas cariñas quedarán reflexadas nas imaxes que vos mostraremos axiña que as teñamos.

*As Mochilas Viaxeiras tamén iniciarán a súa andaina este venres 24. Damos as grazas ós mestr@s que as están enchendo de materiais moi diversos para que as disfruten toda a familia.

*Por fin, veremos o CONTO VIAXEIRO que percorreu todas as aulas do cole e que a profe Lucía de infantil se encargou de montar. Adiántovos que...quedou moi precioso!!!




E...moitas destas actividades, farémolas na Biblio, onde agora vive o noso Pepiño coa súa nova plumaxe.


Aínda que...para que non se sinta so, apareceron alí esta familia de moniños chegados dende Inglaterra ós que, pouco a pouco, fóronse unindo máis animaliños!!! Que ben o van pasar!!!

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DE TODO!! FELIZ DÍA DA BIBLIO!!

17/10/2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

            SAMAÍN!! 
   Empezamos vendo este video para recordar que celebramos no Samaín. Ademáis acompáñanos a música de Mamá Cabra:



Para os máis pequechos dende a Escola Infantil MONTE DA GUÍA  SAMAÍN. Ten sonidos!! Encantaravos!!!


UN SAMAÍN DE CONXUROS Para os máis maiores dende o CEIP A PEDRA
TERRORÍFICOS!!!

E para tod@s un conto clásico para estas datas: CORRE CORRE CABACIÑA


FELIZ SAMAÍIIIIIIN!!!!!

PÓMOSLLE MÚSICA Ó SAMAÍN ...

A profe MARÍA SALINAS quere compartir con nós esta canción do Samaín
E para darlle as grazas, compartimos con ela  The Skeleton Dance


E outra máis para rematar...

LIBROS PARA O SAMAÍN!!

Onte apareceu dentro da Biblio este carteliño:




  O carteliño estaba pegado no expositor que contiña...libros de terror......



O mesmo tempo no lugar habitual de exposicións, apareceu estoutro cartel:

E alí ó seu carón....máis libriños para....tremer!!!



QUE OS DISFRUTEDES!! 

16/10/2013

PARA REMATAR...

Esta curta conta a chegada do outono a Tierra de Fuego (Chile- Arxentina)




E de agasallo final unhas fermosas imaxes de paisaxes de outono mentres escoitamos a Vivaldi:



FELIZ OUTONO!!

15/10/2013

2º DÍA DE CURTAS

Hoxe veredes en forma de conto como nace o outono:


E.... en menos dun minuto, un agasallo outoñal:




MAÑÁ MÁIS!!!!!

14/10/2013

1º DÍA DE CURTAS

Para empezar e acompañados pola música de Vivaldi:
LLEGÓ EL OTOÑO


Pechamos a xornada na idade do xeo


MAÑÁ MÁIS....

13/10/2013

COMENZAMOS CON ....CINE!!

Este ano, a Biblioteca reformouse, tirouse un tabique e fíxose máis grande, falta facía!!.

Quedou algo cambiada e segundo a vosa opinión moi bonita.

 


Para celebrar todas as novidades,a Biblio organiza  nos recreos unhas CURTAS DE OUTONO. 









Aquí vos deixamos o programa:


ACERCÁDEVOS E VEREDES!!!!!!

08/10/2013

POÑÉMONOS EN MARCHA!!!!!

Este é o cartel que apareceu na entrada do cole!!! Todos o estabades desexando!!! chegou o día no que se abre a Biblioteca!! Xa podedes coller libros en préstamo no horario que está establecido e xa podedes vir nos recreos!!! Todos os cursos tedes moitas gañas pero este é especial porque....despois de tirar un tabique...a Biblio está moito máis grande!! Pronto poremos as imaxes para que as vexan as nosas familias.





Claro que para axudarvos nos recreos están coma todos os curso un grupiño de rapaces e rapazas de 6º que se van convertir nos nosos axudantes. Agradecémoslle xa de principio a súa colaboración desinteresada.Aquí volos deixo en imaxes.

Pero.... xa claro!! fáltanos alguén moi importante na nosa Biblio.... Primeiro apaeceu esta mensaxe na entrada do cole:
E despois.......atención!!!! atención!!!! chegou...O NOSO PEPIÑO!!!!  moi renovado e... con gafas!, claro faise maior, pero con gañas de volver para deixarvos libriños e notiñas. Que vos parece? Está fermoso??

QUE GUAPIÑO ME SINTO!!! GRAZAS PROFE ANA, GRAZAS PROFE CARMEN!!


DISFRUTADE MOITO DA VOSA BIBLIOTECA!!

03/10/2013

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Empeza outubro e con el chegan os días de homenaxear ás Bibliotecas Escolares porque o día 24 é o día internacional das Bibliotecas Escolares. Ollade este video para unha 1ª reflexión:
   

Dende a Biblioteca, temos en marcha varios proxectos dos que vos iremos dando conta:



*Pedimos ás nosas familias unha pequena reflexión sobre a pregunta: E ti, para que les?.... E xa empezan a chegar!! Mirade!!
*Estamos preparando e xa vai polo 4º ano, as SESIÓNS DE CONTACONTOS  nas que o alumnado de máis idade agasalla ós seus compis máis pequenos con breves representacións, este ano de cousiñas de medo....As imaxes sempre son...preciosas!!

*Inauguramos o lugar habitual de exposicións coa valiosa axuda da profe ANA ( foi a encargada do deseño)


* Dende as aulas de 4º, déixannos para reflexionar as PARTES DUN LECTOR e invítannos a visitar o seu blog O BAÚL DE 4º  porque teñen máis noticias sobre Bibliotecas.