17/12/2014

ESTE NADAL...

"Envólvete cun libro"


Iso di o fermoso cartel que cobre o taboleiro da nosa Biblio.

Pois así,envoltos cos libros e na companía dos bos desexos que os nosos nenos e nenas colgaron das pólas da nosa preciosa árbore.......



                                                                                     a BIBLIOTECA quere desexar que toda a Comunidade Educativa  tena unhas boísimas festas e que no ANO NOVO 2015 se fagan realidade os mellores desexos que cada un poida sonar!!!!







                                                                                              


02/12/2014

TEMPO DE NADAL

Que rápido pasa o tempo!!!, un ano máis, achégase o Nadal e, coma sempre, a Biblioteca quere deixarvos unha morea de recursos para que disfrutedes deste tempo e, de paso, que coñezades novas cousas:



Coma cada ano, dende a COORDINADORA GALEGA DE EDLG poñen á disposición da comunidade educativa unha páxina cheíña de cousiñas de Nadal: panxoliñas, cancións, cartas ós reis..... para coñecer o noso Nadal



Agora imos xogar un anaco (Clicade nos títulos)

 AXUDA A PAPÁ NOEL COS AGASALLOS 







MÚSICA COS RENOS

                                                                                          DECORA A ÁRBORE DE NADAL

Xa sabedes que nesta Biblio, somos moi afeccionados ós  LIM (libriños con actividades). Pois aquí vos deixamos unha boa colección deles, monotemáticos, en galego, castelán e inglés que tan marabillosamente fai a mestra BELÉN JUNQUERA:  
                                           LIMs de NADAL


O curso pasado coñecemos ó APALPADOR, estade moi atent@s porque este nadal ides ter unha sorpresiña con el!!!....

Recordamos quen é!!!








Cantamos con el:

O LIBRO DOS REIS MAGOS

CINE: VERDE NAVIDAD



MÁIS CINE: "Si Virginia"

 





PANXOLINAS: Escoita mentras fas un crebacabezas!!!!!
                        

VILLANCICOS:Escoita e fai o crebacabezas!!!

18/11/2014

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos o "Día internacional contra a violencia de xénero".

 Elixiuse esa data para conmemorar o violento asasinato de tres irmás :  PATRIA, MINERVA E TERESA MIRAVAL ,a mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres foron atopados no fondo dun barranco, simbolizando a partires de entón a loita e a resistencia das feministas latinoamericanas.

Foi declarado así no I Congreso Feminista de Latinoamérica e do Caribe en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. 

En 1999 , a ONU deu carácter oficial a esta data.



Dende BIBLIOPEPINO queremos aportar, un ano máis, o noso gran de area, na loita contra este tipo de violencia.  Falaremos e traballaremos cos nosos nenos e nenas porque queremos contribuir a construir unha sociedade máis xusta dende a IGUALDADE.






Propoñémosvos a lectura da seguinte historia , recollido polo Servizo Galego de Igualdade, para que logo reflexionedes.



Hai unha gata salerosa
que traballa cun camión,
conduce case todo o día
levando caixas á estación.
O seu home é un gato
que traslada a diario
peixe fresco e conxelado
para gañar o salario.
Ela non ve nin un euro
pois todo o garda el,
dálle moi xusto o diñeiro...
non goza nada del..
Chegan á casa á vez,
cansa ela e canso el,
deben facer a comida,
lavar, poñer o mantel,...
A gata xa fixo as compras
cando viña polo camiño,
o gato só trae un saco
co seu mono ben porquiño.
O gato, en zapatillas
senta no seu sillón,
colle o mando, dálle á tecla
e prende a televisión.
A gata mentres tanto
non para un segundo:
pela, corta, lava, frite,
limpa e frega,... todo xunto.
O gato goza arreo
vendo nese televisor
un programa de concursos
no que gañan un tambor.
A gata moi esgotada
limpa o po, varre o chan,
coloca ben a neveira,
e desconxela o pan.
Pronto o gato ten fame
- Gata tráeme un bocadiño!
A gata está farta, xa sabes,
mais prepara un xureliño.
O gato aínda protesta
porque está cru de máis,
e berra á pobre gata:
- Non o probaches quizais?
-Timbran á porta!- di o gato
berrando dende a butaca,
el non abre e vai a gata
pelando nunha pataca.
- Pásalle o ferro ao meu traxe
que o quero poñer mañá!
Non fai falla tanto tempo
para darlle a cea a mamá!
Á gata, que non para,
dóelle até o peroné,
o gato escoita un barullo:
- Está chorando o bebé!
A que non sabes quen
lle cambia o cueiro ó bebé?
A gata, claro, pois claro,
o gato non move un pé.
Por que non traballa o gato
se é tamén a súa casa?
A gata non para un intre,
sabes ti que é o que pasa?

Texto: Azucena Arias

Despois de ler o texto, seguro que xa descubriches as diferenzas entre o gato e a gata. Como resolverías esa discriminación? 

Aquí vos deixamos este vídeo SUPERLOLA unha nena moi valente que sona cun mundo mellor no que todos os nenos e nenas sexan libres para ser o que queiran...



Agora uns CONTOS para a reflexión...










A FAMILIA BEEE, é unha familia de ovellas para xogar coas nenas e cos nenos e contribuír a un mundo máis igualitario.

A través de materiais cotiás da casa trabállase o reparto igualitario de tarefas





Rematamos cunha curta "LA PELUCA DE LUCA" un neno moi especial, ó que lle gusta levar pelo largo, perrucas rosas e disfraces. Non entende porque hai cousas so para nenos e so para nenas...


12/11/2014

SUXERENCIAS EN BIBLIOPEPIÑO

Precisamos da túa axuda para actualizar a nosa biblio.
Se tes un momentiño e queres cubrir este breve cuestionario teremos en conta as túas aportacións para as novas adquisicións. 
Moitas grazas


Un saúdo

05/11/2014

MARCAPÁXINAS MONSTRUOSOS

Aquí vos deixo unha mostra dos diferentes rapaces e rapazas da Sangriña traballando arreo para facer un terrorífico marcapáxinas...

Un Saúdo
Pepiño


03/11/2014

E AGORA....CHEGA O MAGOSTO!!!

Nas semanas próximas se o tempo é propicio, celebraremos tod@s xuntos unha das festas máis senlleiras da nosa Terra, o magosto.

Para comenzar imos saber datos sobre   O CASTIÑEIRO
(Clica nos títulos)



Agora seguimos para saber cousas sobre AS CASTAÑAS


E agora xa....saberedes cousas sobre  O MAGOSTO


      Para    IMPRIMIR E PODER ESCRIBIR

O CEIP O POMBAL ofrécenos





A profe Ana Martinez Rey fixo estes marabillosos LIM


para tod@s pequen@s e grandes!!

E claro, non podía faltar a música da man de Jesús Pareja: "Chegou magosto" acompanada de fermosas imaxes.

Aquí deixo tamén unha cantiga típica do magosto: "NON CHAS QUERO"
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que me saben a chamosco,
que me saben a chamosco.
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.

29/10/2014

DEBUXOS DE MEDOOOOOO

Aquí están os diferentes participantes no DEBUXO DE MEDOOOOOO.
Moitas grazas polo voso traballo!!! 
Hai imaxes realmente aterradorasssss!!!!


Un Saúdo
Pepiño


FIRMA DE CONTRATOS

A principio de curso os alumnos/as de todo o centro viñeron á Biblioteca a deixar a súa firma de compromiso con BiblioPepiño.
Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns dos que pasarón por aquí.

Un saúdo
Pepiño


23/10/2014

24 OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
 Pero sabedes por que é neste día?....Atent@s!!!





Instituíuse no ano 1997, a instancias da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil. Con esta acción pretendíase lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992, durante a Guerra de Bosnia



Canto mellor nos levaríamos no mundo se, en lugar de empuñar armas, léramos libros!



Moi pronto poderedes ver aquí as imaxes de todas as actividades que levamos feitas para celebrar este mes das Bibliotecas: visita guiadas á Biblio, os novos axudant@s, mochilas viaxeiras...Mentras agardamos imos pór toda a nosa atención neste video que vos fará reflexionar...


Dende A CHARCA DOS LIBROS, a Bilioteca do CEIP ROSALIA DE CASTRO en Xinzo de Limia, deixannos este video que nos parece que temos que ver....Isto é do que trata....William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA. 


E, para os máis pequechos, déixovos na compaña dos BOLECHAS que nos explican como é unha Biblioteca...


FELIZ DÍA E BOAS LECTURAS!!!