24/02/2014

ASÍ FOI A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA

A homenaxeada foi ela, ROSALÍA, os protagonistas eles, os nosos nenos e nenas de 6º curso que sempre están dispostos a colaborar e, tratándose da nosa poeta, non ía ser menos.

Na" hora de ler", despois duns días de ensaios, foron a lerlles poesías de Rosalía ós seus compis que os escoitaron embobados e agradecidos. Aquí quedan as imaxes para que o comprobedes:(dalle a PLAY)






Tamén a Biblio tivo un agasallos para os mestr@s, porque sempre están dispostos para todo o que se organice dende a Biblio.

E no taboeiro, tamén locen espléndidos os traballos do alumnado de 6º curso que experimentaron nos seus ordenadores cunhas imaxes de Rosalía.




15/02/2014

COÑECENDO MÁIS A ROSALÍA

Cada 24 de febreiro, celebramos o día de
 xa que naceu neste día do ano 1837. E, aínda que só con dicir o nome, sabemos que se trata da nosa poetisa Rosalía de Castro, imos recordar a súa vida e obras nesta fermosa presentación:

Nos poemas da súa obra "Cantares Gallegos", aparecen con frecuencia a gaita e os gaiteiros. O poema  titulado Alborada, foi escrito por Rosalía para acompañar a melodía dunha antiga alborada tradicional (alborada é unha composición musical de orixe popular para os días de festa. Tócase  para comezar coas celebracións do día.Habitualmente é interpretada por gaiteiros, , que van desfilando polas rúas, camiños, corredoiras e lugares dos pobos).
Os Gaiteiros de Galicia  tocaron o día 24 de febreiro ALBORADAS PARA ROSALÍA.
 Aqui deixamos a letra:



E tamén a música na voz das cantantes galegas Rosa Cedrón e Lucía Pérez (probade a ler a letra mentres escoitades a voces xa veredes que ben!!)



Agora e con moita creatividade, o alumnado da aula de plástica do IES DE BARXAS fixo esta animación dunha poesía de Rosalía. Mirade que marabilla!!




Agora toca escoitar outra poesía :"Vamos bebendo" na voz do cantautor Amancio Prada e Martirio...Sublime!!!


  E non podían faltar uns LIM para que escoitedes e fagades!!












Un poema: "PARECE UNHA ROSA"





Foron moitos os músicos que escolleron as poesías da nosa Rosalía para porlles música e cantalos. Aquí vos deixamos uns cantos:
(pantalla grande no cadrado)

09/02/2014

E CHEGA O DÍA DO AMOR!!




Lucía, Eva e Nayara de 6º curso e ademáis axudantes da Biblioteca, fixeron este ano o carteliño para que disfrutedes das.....

E, para acompañar, tamén se achegaron alí a nosa familia de moniños....






Merece a pena que vos acheguedes a ler estes libriños con tantos sentimentos.

Ademáis aquí vos deixo estes vídeos cheos de sentimentos:




Este de animación que ademáis acadou un premio:



E por último, amor ....entre insectos!!


01/02/2014

REVOLUCIÓN: UN INCRIBLE LIBRO POP-UP

Aquí vos deixo esta marabilla de libro pop-up (tridimensional, móbil, cheo de pestanas) realizado pola ilustradora Helen Friel. Amosa o ciclo de vida dunha gota de auga, dende que sae da billa das nosas casas ata que se transforma en gota de choiva.

Incrible que algo así se poda facer so con papel....pero certo!!