23/05/2014

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

Co curso moi cerca do seu fin, tamén por este curso, rematamos as obras e os cambios que se sucederon na Biblio. Aquí quedan as imaxes:


Ó chegar no mes de setembro, atopamos...unha Biblio máis grande!!!Tabique fóra!!!


Este é o novo espazo:





 Así o vemos dende a porta de entrada...que grande!!!!


Tamén cambiou o noso moucho!!! FOI DE VIAXE E CAMBIOU A PLUMAXE!!!

Acondicionamos un novo espazo para invitar ás familias a ler mentras esperan que as atendan...

 
E...este é o broche final: unha preciosa árbore que colocamos nunha das paredes cos sofaciños debaixo que nos servirá para facer unha morea de actividades.


ESPERAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO E QUE VOS INVITEN A VIR MOITO POLA BIBLIO!!!

18/05/2014

NO MES DAS NOSAS LETRAS: PALABRAS MOI NOSAS....MÚSICA....

No mes das nosas letras, imos ver e oír cousiñas que nos farán emocionar...

*PALABRAS MOI NOSAS!   Atent@s!!

 

*MÚSICA:

-Transmitírmoslles o mellor que temos a quen máis queremos... 
...o noso afecto, o noso cariño, o noso idioma, o noso... 

Que mellor vínculo se pode ir creando? 



"A bicos", do disco Arrolos de Salitre



Agora toca emocionarnos coa voz do grupo folk 
"A cada canto"...Preciosa!!!!!!

Teu nome por mar e terra 


Quero cravar o teu nome 
cunha navalla de lúa 
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón 
pon o teu nome e no mar 
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area 
có tinteiro de alborada 
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase 
ían saber a vainilla 
as augas dos sete mares.

Con branco fío de escuma 
vouno bordar na bandeira 
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor 
quero que vaia o meu nome 
prá illa de Corazón.

14/05/2014

A FALA DOS ANIMAIS


Os nenos e nenas de 3 anos están traballando no mes das nosas letras, unha morea de animais e a súa fala....croar, ouvear, bruar....


O noso sitio de exposicións, encheuse de animais preciosos coa súa fala. Aquí vos deixo as imaxes, de fondo, como non podía ser menos, unha fermosa canción de Susa Herrera que fala de....animais claro! "O polo Pepe"
(Dalle ó play e pono grande nas dúas flechas)

Noraboa a todos eles e ó seu mestre!!!!!


11/05/2014

LETRAS GALEGAS 2014:MÁIS POEMAS DE DÍAZ CASTRO

A Consellería de Cultura e mais Televisión de Galicia presentan  a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas.
 Nimbos e Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres Esmeralda está representado con figuras animadas, en Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos.
ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís 
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti
por que de ser pequena
te me avergoñas ti?

O universo sería
máis pequeno sen ti!.



Dende o CEIP VILAVERDE déixannos algúns poemiñas do autor para que poidamos traballar con eles. 




Dende o CEIP PLURILINGUE SAN XOAN DE FILGUEIRA fixeron esta animación en Stop Motion do poema "Esmeralda". Noraboa e grazas por compartir.

05/05/2014

PADRIÑOS E MADRIÑAS EN ACCIÓN

Por fin!! despois de tanta chuvia, nun día solleiro, os "padriños" e as "madriñas" puideron levar o seu agasallo ós seus "afillados" e "afilladas". Que foi? 

Pois foi compartir un momento de lecturiñas, o maior lía e os pequenos e pequenas escoitaban embobados e superatentos. Despois da lectura, nalgúns casos, houbo pequenos agasallos feitos polos padriños e madriñas, pequenos libros-botóns, debuxos, marcapáxinas...

Convidámosvos a ver as imaxes que xa o din todo. De fondo, a música do noso ghaiteiro máis popular, Carlos Nuñez acompañado por nenos e xoves gaiteiros.

(EN GRANDE NAS 2 FLECHAS)




04/05/2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Como cada ano, o 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas agasallando a un autor.

 Este ano, adícase a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.









 Imos empezar a coñecelo:

*VIDA E OBRA DO POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO: Con imaxes e debuxos.(Clica)

 *Vendo esta presentación da súa vida e obra que fixo unha alumna de bacharelato:

Agora que xa sabemos moitas cousiñas un par de LIM:
VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



AS SÚAS POESÍAS

A súa poesía máis coñecida, chámase PENÉLOPE. Aquí vola deixo de tres xeitos distintos:



  Nas voces de FUXAN OS VENTOS!!! un magnífico agasallo!!!

   Na voz do poeta Manuel María


Dende o IES de GUITIRIZ en forma de karaoke: "A noite é"

"Ai capitán" do seu libro Nimbos




Aquí deixamos tamén un conto O NENO E A ESTRELA un fermoso achegamento á figura do poeta. O protagonista do libro é  Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela e ten que devolvela ó seu lugar...