22/06/2014

FELICES VACACIÓNS!!

A Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa un feliz e proveitoso descanso que nos sirva para recargar enerxías de cara ó vindeiro curso.




Sen esquecer o aviso que nos fai Mortadelo e que facemos noso:


18/06/2014

DESPEDIDA DOS AXUDANTES

Remata o curso e á Biblio quédalle unha tarefa pendente: agradecer o labor que prestaron os axudantes, ese grupiño de nenos e nenas de 6º que fixeron toda clase de cousas para que a Biblio funcionase mellor: atendéron nos recreos os préstamos e as peticións dos seus compis máis pequenos, forraron libros, fixeron carteis, actuaron de contacontos para os máis pequechos...

Que menos que agasallalos a eles!! Un diploma para que nos recorden con cariño e...un libro claro!!




MOITAS GRAZAS NEN@S E ATA SEMPRE.
 MOITA SORTE NA NOVA ETAPA QUE COMENZADES!!!

16/06/2014

ESTE VERÁN LEVA UN LIBRO NA MAN!!

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para que 
"Este verán, leves un libro na man"



(Verédela en grande se clicades no título: ó lado das flechas)

09/06/2014

O ALUMNADO DE 6º INVÍTANOS A VER O SEU TRABALLO

Alá polo mes de marzo,informamos que as mestras de 6º curso estaban inmersas nun proxecto sobre os inventos que titularon:
A VIDA NA CASA A TRAVÉS DOS INVENTOS
Logo chegou o traballo na aula cos nenos e nenas e agora por medio desta presentación, queren mostrarnos o resultado das súas investigacións:

PARABÉNS A TODOS ELES E ÁS SÚAS MESTRAS!!!

06/06/2014

ÚLTIMO CONTO DESTE CURSO


Esta semana os nosos axudantes fixeron para os seus compis máis pequechos o último conto por este curso claro está! porque é unha actividade moi satisfactoria tanto para os maiores como para os máis pequenos.


CAPERUCITA ROJA fixo as delicias dos nenos e nenas, non hai máis que verlles as cariñas...



Felicitamos unha vez máis ós axudantes porque son capaces de axudar en calquera cousa!!!


(En grande nas dúas flechas)


01/06/2014

MARCAPÁXINAS ORIXINAIS PARA QUE RECORDES ONDE DEIXACHES DE LER!!


Aquí vos deixo estas imaxes que corresponden a 23 marcapáxinas, todos moi orixinais e creativos para asegurarse de que deixas ben marcada a páxina onde quedaches lendo.
Recorda: Nunca dobles a folla na esquina...deixa marca!!!


                               Clica :    MARCAPÁXINAS