18 de xuño de 2014

DESPEDIDA DOS AXUDANTES

Remata o curso e á Biblio quédalle unha tarefa pendente: agradecer o labor que prestaron os axudantes, ese grupiño de nenos e nenas de 6º que fixeron toda clase de cousas para que a Biblio funcionase mellor: atendéron nos recreos os préstamos e as peticións dos seus compis máis pequenos, forraron libros, fixeron carteis, actuaron de contacontos para os máis pequechos...

Que menos que agasallalos a eles!! Un diploma para que nos recorden con cariño e...un libro claro!!




MOITAS GRAZAS NEN@S E ATA SEMPRE.
 MOITA SORTE NA NOVA ETAPA QUE COMENZADES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario