11 de xan. de 2015

EN SON DE...PAZ!!!


Cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, día que foi instituído en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como "unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra” (Vidal, 1972).




Tamén neste día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Lede con atención o que se di nesta presentación sobre a Paz:


Dende o CEIP MARCOS DA PORTELA, chéganos o que eles chamaron un PAZCIONARIO. ATENT@S.... porque é fermosooooo







                               LIM DA PAZ   

Agora uns contiños :














My rainbow race. Canción de Paz. Version en galego



O poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO, deixounos hai xa moitos anos unha fermosa poesía:"Irmaus" que agora vos deixamos en imaxes para que reflexionedes!!


Máis moderna é esta canción da cantante galega SES para que pensen os maiores e non tan maiores!!


Le con moita atención a historia de SADAKO:



Agora en imaxes....SADAKO E AS MIL GRULLAS DE PAPEL

Ningún comentario:

Publicar un comentario