30 de nov. de 2015

Conmemoración contra da Violencia de Xénero

Este vídeo é o resumo das actividades da Conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Dende o  Equipo da biblioteca queremos amosar o noso agradecemento aos titores, mestres e rapaces pola  vosa colaboración, sen ela nada disto sería posible.


CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano para conmemorar o Día Internacional contra a 

Violencia de Xénero, levamos a cabo varias actividades:


Lemos libros 

relacionados co tema


Vimos vídeos, investigamos, buscamos palabras e inventamos frases para rexeitar a violencia, defender a igualdade entre homes e mulleres.





Logo escribímolas ou 

pintámolas nunhas 

camisetas de 

papel puxémolas 

colgadas por todo o 

cole.


Cada titoría elixiu a súa frase e escribiuna na camiseta do seu ciclo.



O venres, xuntámonos todos no salón de actos e alí, os colaboradores da biblioteca, leron o manifesto en contra da violencia de xénero, vimos un vídeo e por último colocamos as camisetas de ciclo no mural.















27 de nov. de 2015

Na honra de Neiras Vilas


Hoxe  finou un dos máis grandes autores 

da literatura galega. NEIRAS VILAS.


Deixanos unha extensa obra literaria. Pero 

hai un libro moi especial MEMORIAS DUN 

NENO LABREGO. Esta obra foi publicada 

hai 55 anos. Esta é a obra máis vendida e 

traducida da literatura galega.


Pero nas nosas mans, nas nosas 

bibliotecas... quedan para sempre as súas palabras.

Hasta sempre!


23 de nov. de 2015

ACTIVIDADES PARA EDUCAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O vindeiro venres,  imos a celebrar o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero.

Dende a biblioteca invitámosvos a participar en  dúas actividades:

ELABORACIÓN DO MURAL STOP Á VIOLENCIA!

·     Na biblioteca, temos unhas camisetas grandes a disposición de cada ciclo para que escriba a súa frase de rexeitamento á violencia  e o venres, no salón de actos, colocaremos  todas  no mural .

         Tamén  temos a disposición de todos os que queiran participar, unhas camisetas en papel de cor branco e outras de cor malva para que cada un dos nenos e nenas, na aula, escribades unha palabras, unha frase, un poema que rexeite a violencia en calquera das súas facetas: berros, insultos, zarandeo, ameazas, golpes....morte.
As camisetas  cando estean rematadas irédelas tendendo polos pasillos a modo dun tendal de roupa a secar.


LECTURA DE OUTRO TIPO DE CONTOS


·      Fixemos unha sección de libros nos que non hai príncipes salvadores e valentes pero, si rapazas valentes e divertidas...






Esperamos que vos sexan de utilidade para traballar a coeducación e o bo trato.Estas son dúas tarefas para todos os días do ano.



Seguro que vos van a gustar.

Vide a buscalos, estanvos 

esperando!





Tamén vos deixamos estes vídeos e contos para que escollades o ou os que vos gusten.


CONTO "O MENIÑO NIOT :ENTÓN OS HOMES CHORAN OU NON?"
Conto " Un papá a la medida"
Conto " La cenicienta que no quería comer perdices











Entre todos imos a sacarlle tarxeta vermella ao 

maltratador!!!

21 de nov. de 2015

STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

Internacional contra a Violencia de Xénero.

 A finalidade desta celebración é a prevención de toda forma de violencia, en especial a dirixida ás mulleres.

O noso obxectivo é sensibilizar a Comunidade  Educativa o significado das consecuencias da violencia exercida sobre as mulleres.

Esta semana que entra, realizaremos varias actividades, mentres deixámosvos estes vídeos para que vaiades pensando un pouco. 


O libro dos porcos


20 de nov. de 2015

TRABALLANDO OS DOS DEREITOS DO NENO

Hoxe celébrase o Día da Infancia.

Nós, seguindo a invitación  proposta polo Equipo da biblioteca,  ao longo destas semanas estivemos traballando os Dereitos dos Neno investigando, lendo, cantando, debuxando... e consultando as entradas deste blog.

Recordámolos?



Despois de coñecelos polo miúdo, pasamos a formar parte da Liga de defensores dos Dereitos do Neno. A continuación comprometémonos a defender un Dereito en calquera momento, situación...das nosas vidas.

E para rematar fixemos o noso carné que colocamos no taboleiro xunto co mural. 

Estas son as imaxes! 




E que tal un pouco de música para rematar?

Esta canción é da película " El extraordinario viaje de LUCIUS DUMB"



18 de nov. de 2015

DEFENDER OS DEREITOS DO NENO É COUSA DE TODOS!

Xa se achega a data da celebración dos Dereitos do Neno!

Temos unha boa selección de libros a vosa disposición para ler na casa, na aula, ou onde vos pete.





Pásate a coller un!



Ou dous... ou un cada día!



Seguro que che van a encantar!

 Este ano, desde a biblioteca, invitámoste a participar na Liga de defensores dos Dereitos do Neno. 



Únete a min e serás un superheroe. 

Para conseguilo tes que elixir un dos Dereitos do Neno e comprometerte a defendelo. Despois cubre este carné cos teus datos e o Dereito que vas defender.

A túa participación é moi importante, porque todos temos dereitos  pero tamén a responsabilidade de facer que os nenos e as nenas de todo o mundo sexan felices!!!

17 de nov. de 2015

LIM: DEREITOS DOS NENOS

Ola rapaces!
Xa levamos varios días traballando os Dereitos do Neno, e xa coñecemos algúns deles.

Que vos parece facer un repasiño con este LIM feito por Rosa González Blanco? 
Seguro que  ides a descubrir canto sabedes!!!



11 de nov. de 2015

DEREITO Á PROTECCIÓN E COIDADO

Hoxe imos traballar un novo dereito : DEREITO Á PROTECCIÓN  E COIDADOS

Este dereito di: O neno gozará dunha protección especial e disporá de oportunidades, dispensando todo pola la lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente de  forma saudable e normal, en condicións de liberdade e dignidade.


Lemos este conto



Este vídeo seguro que vos fan pensar un pouquiño e descubrir o privilexiados que sodes!   









10 de nov. de 2015

DEREITO A NON SER DISCRIMINADO


O dereito dos nenos a non ser discriminados é un dos catro principios fundamentais, isto quere dicir que todos os nenos deben desfrutar de todos os dereitos. Todos os nenos deben ser tratados, protexidos e coidados do mesmo xeito.

Pero, en moitas ocasións os nenos son vítimas da discriminación





Non te esquezas! Unha persoa poder ter unha discapaciade pero moitas capacidades.




A xogar polos dereitos!!


Crea caras


9 de nov. de 2015

DEREITO A TER UN NOME E UNHA NACIONALIDADE

O DEREITO DOS NENOS A TER NOME E UNHA NACIONALIDADE

Gráfica alusiva a la noticia DERECHO A LA IDENTIDAD
Todos os nenos, dende o seu nacemento teñen dereito a ter un nome e un apelido. Todos os nenos deben ser rexistrados nada máis nacer. Deste xeito o neno é recoñecido por parte do Estado, o seu rexistro vai permitir recoñecer as relacións de parentesco que o unen aos seus pais biolóxicos.

DEREITO DOS NENOS A TER UNHA NACIONALIDADE

Desde o seu nacemento, un neno ten dereito a adquirir unha nacionalidade. Esta nacionalidade pode ser de dous tipos:
-Nacionalidade orixinaria ou de sangue:  o neno adquire a nacionalidade dos seus pais desde o momento do seu nacemento.
- Nacionalidade por residencia: aínda que os seus pais teñan outra nacionalidade, o neno  adquire a nacionalidade do pais onde nace.
A nacionalidade obtense ao rexistrarse no Rexistro Civil. Esta inscrición é moi importante porque constitúe a pertenza dunha persoa a unha nación.

QUE OCORRE SE UN NENO NON TEN DOCUMENTO DE IDENTIFICACIÓN?

Corre o risco de quedar sen acceso aos servizos fundamentais como: educación, sanidade...
Polo tanto que os nenos teñan unha identidade convértese nun dereito fundamental para ser recoñecido polo goberno do seu pais como parte da sociedade que o compón.

Ter un nome e un apelido é moito máis que dúas palabras, significa ser recoñecido non só polos seus pais, senón por todos os paises do mundo, e polo tanto estará protexido polas leis.

br />



8 de nov. de 2015

DEREITO A ALIMENTACIÓN, A UN FOGAR, A XOGAR, E ATENCIÓN MÉDICA

Estes son os teus dereitos. Recordaos!!!


Derechos del niño from Felix Sarmiento

Hoxe traballaremos este dereito: Dereito a alimentación, a ter un fogar, a xogar e a recibir atención médica axeitada.

O neno terá dereito a medrar en boa saúde, a desfrutar de alimentación, fogar e servicios médicos axeitados

Pero desgraciadamente moitos nenos vense privados deste dereito.




 Xogos :

Sopa de letras: Os dereitos do neno


Isla dos dereitos


5 de nov. de 2015

DEREITOS DOS NENOS

 Xa coñecedes os dereitos en Inglés? 




DEREITO Á EDUCACIÓN

Que significa  ter dereito á educación?
Quere dicir que ningún neno ou nena pode quedar excluído do sistema educativo. O Estado debe garantir unha ensinanza gratuíta e de calidade e un trato digno

Quen ten dereito a educación?
Todos os nenos e adolescentes, sen importar o seu xénero, raza, relixión, clase social ou capacidade intelectual.

Estudan todos os nenos e nenas?

Desgraciadamente moitos nenos do mundo non van a escola porque teñen que traballar, porque non teñen unha escola preto dos seus fogares, porque o seu pobo está en guerra, porque non teñen familia....
Recordamos?






Estes contos poden servir para que pensedes o afortunados que sodes!!!

Conto: Saray



Conto: El niño ajo



Busca nesta sopa de letras os teus deberes


Outra canción!

DEREITO Á IGUALDADE

Imos recordar....  que quere dicir este dereito. 


Vos tedes dereito á igualdade e ao respecto as vosas diferencias. Calquera que sexa a vosa orixe, se es neno ou nena, se practicades diferentes  relixións ou se tedes algunha capacidade diferente... 
Todos os nenos do mundo tedes os mesmos dereitos!!!

Búscao no seguinte vídeo.



Para os máis pequerrechos!!!Conto: Cuatro esquinitas de nada.



   Para os máis maiores 

Cando nacemos ás nenas  vístennosnos  de rosa e aos nenos de azul. Según imos medrando, as veces, dinnos como se comportan os nenos ou o  como que se espera que sexan as nenas. E esto non está ben. Tes dereito a ser como ti queiras ser. Que ninguén te diga como tes  que comportarte polo feito de ser neno ou nena. Encontra a túa propia forma de ser, de xogar, de expresar os teus sentimentos, de vestirte ou de ser feliz. Non hai unha forma de ser nena ou unha forma de ser neno.

A Convención Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas di: “Ninguén debe ser discriminado pola súa apariencia,  cor,  orixen,  idioma, opinións ou sexo”.

Recorda que tamén tes a obriga de respectar como son as nenas e os nenos coos que convives na escola, no barrio ou na casa.

  Conto:Alguien diferente

           

     Todos a cantar!!!!


4 de nov. de 2015

UNHA DATA PARA NON ESQUECER: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS

Durante as próximas semanas imos a lembrar que os nenos tedes Dereitos, Os Dereitos do Nenos.

Dereito a unha vida sá e alegre, a que vos den abrazos e aloumiños, a que vos lean contos, a que coiden da vbsa saúde, a ter amigos.... 

Pero tamén tedes a responsabilidade de facer que todos os nenos e nenas que vos rodean sexan máis felices!


Así foi como empezou  esta celebración:

Fai moito tempo, despois da Primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa que se chamaba Eglantyne Jebb, á que lle encantaban os nenos, creou unha organización no seu país para axudalos.


Pensou que os nenos deberían ter uns dereitos e viaxou  a Xinebra, unha cidade Suiza, para contárllelo ao Presidente da Cruz Vermella, que entonces era Gustav Ader.

En Xinebra pareceulles moi ben a idea e o 6 de xaneiro de 1920 crearon a Unión Internacional de Socorro aos Nenos. Esto alegrou moito a Eglantyne Jebb. Seguiu traballando e catro anos máis tarde conseguiu que as Nación Unidas se reuniran outra vez e pensaran todas xuntas cales eran as cousas que precisaban os nenos.



Despois de moito traballo, lograron que en 1959 se aprobara a Declaración dos Dereitos dos Nenos, na que se recollían os dez dereitos .A Asemblea Xeral da ONU recomendou que todos os países instituíran o Día Universal do Neno.

Tras a declaración dos Dereitos do Neno, en 1.989 lévase a cabo a Convención sobre os Dereitos do Neno, que tivo lugar en Nueva York na que se nomean 54 dereitos dos nenos.

Pero sabedes que son os Dereitos dos Nenos?  




Escoitade os vosos dereitos e a impotancia que teñen. 




Resumindo, estes son os 10 dereitos!



Pero tedes moitos máis. Escoitade aos nenos de 3º como os contan!

E agora, queredes cantalos? Veña!



Pero non vos esquezades que tamén tedes deberes!!! Mafalda recórdanolos



Xa coñecemos os principais Dereitos dos Nenos,durante as vindeiras semanas traballaremos sobre este importantísimo tema. 

Empezamos!!! 


Dereito a ter unha familia e que a 

sociedade nos protexa 




Conto: Sofía