27/04/2015

MIÑA NAI MIÑA NAICIÑA...




Para vós mamás e avoas que facedes cos vosos fillos e fillas unha extraordinaria labor! porque....








Imos dicircho  primeiro con música!! e non calquera canción...vainos acompañar TINO BAZ e a súa irmá CARMEN que interpretan marabillosamente :




Agora, queremos que vexades este fermoso vídeo que di que....SER NAI É UN PLUS:



24/04/2015

IMAXES DA IV SEMANA DA POESÍA

Por 4º ano consecutivo, a poesía chegou á Sangriña. Tod@s, alumnado e profesorado, gozamos das obriñas en forma de poesías.
 Aquí deixamos as imaxes!!!!

21/04/2015

NO DÍA DO LIBRO, UN AGASALLO PARA AS BIBLIOS!!!!


Como en anos anteriores, un escritor ou escritora galega, agasalla ás Bibliotecas Escolares cun pequeno marcapáxinas en forma de díptico, Este ano, é a escritora MARÍA SOLAR a que nos deixa este fermoso texto, evocando aventuras e viaxes.


 Lédeo con calma....encantaravos....



GRACIÑAS MARÍA!!!!!

15/04/2015

23 ABRIL:DÍA DO LIBRO





O 23 de Abril, celébrase o día mundial do libro porque foi nesa data cando morreron tres grandes escritores da literatura: Miguel de Cervantes Saavedra, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.




Unha das obras máis coñecidas de Miguel de Cervantes é "O QUIXOTE". A mestra ANA MARTINEZ REY recopilou moitas cousas: xogos, cancións, vídeos... desta obra neste marabilloso GLOGSTER (CLICA SEN MEDO)


Tamén esta profe nos deixa estes comics con aventuras do libro!!!



MILES DE GRAZAS ANA POR FACER ESTAS MARABILLAS E COMPARTILAS!!!

Con este LIM PARA O DÍA DO LIBRO imos aprender unha chea de cousas!!


E falando de libros, encantaravos este: "DONA CARME"


Con música da man do dúo MIGALLAS:                     "Imaxínate"

Que mellor forma de celebrar este día que recordando esta fantástica historia sobre o amor ós libros e á lectura e que, gañou un Óscar á mellor curta animada!!

06/04/2015

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,  celebrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Vouvos dicir títulos de libros para que vexades que tod@s coñecemos a este autor porque medramos escoitando os seus contiños marabillosos:" O soldadiño de chumbo", "O reiseñor", "O abeto", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador", "O parruliño feo"...

Queredes coñecelo? Pois, TOMÁS BASES fixo esta


 estupenda animación....


Agora un CONTO:Escoita e fai as actividades:

        Clica:  O TRAXE NOVO DO EMPERADOR



O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O PARRULIÑO FEO