7 de xan. de 2016

ANINOVO, LIBROS NOVOS!!


Xa estamos de volta e aninovo, libros novos!!!

Queremos informarvos que temos unha morea de libros novos na biblioteca. Algúns deles  son as recomendacións que fixemos no calendario Advento.

Recordades cales eran?



Seguro que vos estades preguntando cando os podedes levar en préstamo.

Contámosvos os pasos que debemos dar antes de que os poidades levar a casa. Antes de polos a vosa disposición temos que facer algunhas tarefas:

Ø REXISTRALOS, é dicir, asignarlles un número de entrada para distinguilo.

Ø SELALOS, para identificalos como propiedade da biblioteca.

Ø CATALOGALOS, para identificalos e acceder a eles rapidamente.

Ø FORRALOS, para que non se estraguen.

Ø ETIQUETALOS, por etiquetas no lombo e na portada.

Como vedes temos un pouquiño de traballo, pero non vos preocupedes o importante é que XA ESTÁN AQUÍ!




Próximamente  poderedes desfrutar deles e con eles!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario