18 de xan. de 2016

ASÍ QUEDOU O RECUNCHO DE GREG

A pasada semana descubrimos un novo recuncho na biblioteca. 
Todos queriades coller os libros, eses que tanto esperabades, os Diarios de Greg. Estabades impacientes por levalos en préstamo e pedímosvos un pouquiño de paciencia, e unha semana para que todos puiderades velos.

Xa pasou a semana acordada e.... mirade o que pasou hoxe nos cinco primeiros minutos do recreo!
















O recuncho completamente baldeiro!!!


E inmediatamente.... nenos lendo, comentando, compartindo....















Estes outros son uns dos afortunados que puideron coller un dos libros. Escoitámolos!





Un auténtico éxito o recuncho de Greg!!! Seguide desfrutando e lendo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario