24 de xuño de 2016

Despedida!!

Este curso que acaba de rematar, foi moi satisfactorio porque compartimos moitas experiencias: promocións de libros, animacións á lectura, realización de actividades na biblio na hora do recreo, celebracións...






Pero, o mellor de todo, compatir con todos... A MÁXIA DA LECTURA!!!

Boas  vacacións, estupendas lecturas e ... vémonos en setembro!!!



22 de xuño de 2016

Despedida dos colaboradores

Estes rapaces e rapazas son uns colaboradores estupendos!!! Agora chega o momento da súa despedida.

Traballaron moito co Equipo da biblioteca realizando diversas tarefas:
  • Entrega das mochilas viaxeiras

  •  Participación e colaboración en cada unha das actividades deseñadas. 








Préstamo de libros, DVD, pelis.....


Recomendando libro aos compañeiros.


Elaborando murais




Recolocación de libros

 

Presentacións de celebracións 




Entrega premios de actividades convocadas 



 Invitacións á participación de actividades 





E outras   moitas actividades!!!








 A vosa labor foi moi importante e necesaria. MOITÍSIMAS GRAZAS por perder eses recreos cando vos tocaba axudar.

Este é  o recoñecemento a vosa marabilosa labor e tamén un pequeno agasallo, un diploma para cada un de vos.



19 de xuño de 2016

Recomendacións para o verán


Xa estades preparados para as vacacións?


Nos case, case. Quédannos algunhas cousiñas por facer, que prontiño sairán!

Mentras, estamos metidos entre:
           montañas de libros,
                   un horizonte cargado de historias
                          e preparando unhas vacacións de boa lectura,       

por iso preparámosche esta guía de libros  e novidades para que este verán:
      
       NON TE ESQUEZAS DE SUMERXIRTE NA LECTURA.