31/03/2016

Bicos na voz

Queremos agasallarvos con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro "Bicos na voz", como remate á celebración do Día da poesía e agradecemento pola vosa enorme colaboración. 

Celebramos o Día Internacional da Poesía!

Hoxe, celebramos o Día Internacional da poesía!

O título desta actividade foi " Poesías por un tubo" que quere dicir moitas, moitas poesías. 



Para preparar a actividade durante a semana 

tivechedes que decorar os tubos, memorizar, entoar e 

ilustrar os poemas que caíron na actividade anterior 

"Chuvia de poemas" 




 Na hora de ler, saímos todos ao patio cos nosos tubos decorados na man.




Alí comezamos a nosa celebración!!!

Xuntámonos tod@s, rapidamente buscamos a eses amigos, 

os irmáns, os mestres... e a escoitar, susurrar, recitar " 

poesías por un tubo"

Mirade as cariñas que tiñades! 















Graciñas a todos por participar na actividade! 

Poemas de animais

Os animais están presentes nas nosas vidas e tamén na poesía!

E como sabemos que vos gustan moito, fixemos esta selección de poemas.
Veña!  
    Imos a lelos!
         Seguriño que vos van a encantar!!!


29/03/2016

Un poema cada día!

Encántanos ver como ledes as poesías que temos polos corredores na entrada e na biblioteca!











Calquera momento é bo.










Non deixes de lelas! Algunhas son divertidas, outras mentireiras, outras moi sonoras....



Sigue lendo polo menos, unha ó día!



A recitar poemas por un tubo!

O vindeiro xoves día 31, na hora de ler, esperámosvos a todos no patio!

Para que?

Para celebrar o Día da poesía.

Que imos facer?

Recitar, susurrar, cantar, ... o teu poema a un compañeiro, a un amigo, a túa irmá, a profe...


E... non esquezas :

Para a túa  poesía poder  recitar,

un tubo decorado tes que levar!

16/03/2016

Recuncho da poesía


Para que todos poidades desfrutar, durante este mes de marzo, da poesía, xa temos o recuncho preparado! 

Quedou precioso!

Nas paredes, pegadas, atoparedes unha morea de poesías para ler, compartir, recitar... . 

Tamén están a vosa disposición unha selección de libros cheos de poesías divertidas, simpáticas, mentireiras, alegres...

Pásate pola biblio! E... non deixes de lelas!



Bibliopepiño CEIP A Sangriña on PhotoPeach

12/03/2016

Seguen chovendo poemas!

A borrasca segue  centrada no cole! 

Leva toda a semana, inmóbil!

Cada día na hora de ler...

            Que chove!  Que chove!

                        Chuvia de cores!

                                    Chuvia de poemas!

E os nenos esperando esa chuvia, ese poema.








Mirándoos!


Cal che tocou?  




Queres que che lea o meu?

Lesmes o teu?












Agora que todos 

tedes o voso 

poema... 











Que tedes  que 

facer con eles?



Aprendelo, recitalo  

moi ben, ilustralo, 

escenificalo ... 

porque  a volta das 

vacacións virá a 

seguinte 

actividade!!!







11/03/2016

Chuvia de poemas

Estase achegando unha borrasca! Parece que ven cargadiña de moita chuvia, pero... unha chuvia especial!


Asomámonos a ventá da biblioteca para ver que pasa.,alí estaban os nenos de Infantil esperando esa chuvia tan especial.


Que nerviosos estaban! 
Tamén un pouco 
intranquilos e alborotados!














Axiña comezou a caer... unha  lenta   chuvia de cores.Eran papeis!  



Comezaron as carreiras para collelos.

Todos querían un!!!



Rapidamente abríronos. 

Tiñan un poema !







Moi  ledos marcharon 
para a aula co seu 
poema na man!







A chuvia parece que vai seguir nos vindeiros días! Estade atentos os cursos de primaria!

09/03/2016

Mes da poesía

O vindeiro día 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía.

Ese día tamén estreamos estación: A primavera. Nesta estación altérnanse días de chuvia e sol.Estas condición climatolóxicas dan o título da actividade que temos preparada para que traballemos a poesía durante este mes: 

Chuvia de poesías.

Estade atentos aos carteis que irán aparecendo estas semanas no recuncho que estamos preparando!



Xa temos unha morea de poemas preparados que moi pronto van caer en forma de chuvia.

Como?


Asomádevos polo patio, diante das ventás da biblio e... que pasará?

08/03/2016

Novidades de marzo

Atendendo as vosas peticións, seguimos mercando eses libros que tedes tantas ganas de ler.


Este mes:


  • Estreamos unha colección: Futbolísimos!
  • Seguimos mercando libros da colección: As aventuras do capitán Calzoncillos
  • Libros para os peques, outros cheos de aventuras, fantasía...




Non dubidedes en facernos chegar as vosas inquedanzas, porque a biblioteca é de todos e para todos.

Esperámosvos lendo!!!

04/03/2016

TODOS CON ROSALÍA!


O pasado martes, o tempo  deunos un respiro, e aínda  que con un pouco de retraso, os centros escolares xuntámonos na praza do Concello para lembrar a Rosalía de Castro polo seu día, invitados polo Concello
 Alí, lemos un pequeno manifesto, escoitamos a lectura dun poema e cantamos: Adiós ríos, adiós fontes...

Tamén aproveitamos este día para levar para as nosas casas as postais que fixemos alusivas a Rosalía e a súa obra.


03/03/2016

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller , e nós unímonos á celebración desta data.



POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA from Conchi Casas

Na  biblioteca temos  unha Selección de lecturas  cheas de aventuras, que  reivindican os  dereitos das mulleres  e que podedes atopar na exposición que preparamos nun recuncho da biblioteca. 

Deixámosvos estes vídeos para ver, comentar e sacar as vosas conclusións. 






Unidade didáctica para 2º ciclo ( Actiludis) 


Tamén podedes xogar a este xogo onde nenos e nenas, homes e mulleres, participan nas tarefas da casa. 


Por últimos invitámosvos a  coñecer un pouquiño a vida e obra dunha pintora: Frida Kahloa, visitando virtualmente a súa casa-museo. Picade na imaxe para ir a ela.

01/03/2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!

Celebramos o Día de Rosalía!

Este ano, seguindo a iniciativa  da AELG , unímonos a súa proposta e os nosos rapaces e rapazas fixeron unha tarxeta cun debuxo e un poema de Rosalía que levaron para as súas casas.