28/04/2016

Esto é o que significa para vós ler!

Xa sabiamos que nos iades a sorprender!  





Estas imaxes recollen o que significa para vós a lectura: aventura, diversión, soños,

imaxinación,  medrar, refuxio, sentir,  vivir, descubrir, coñecer, pensar, sentimentos, emoción, fantasía, vída....

27/04/2016

Outra actividade para celebrar o Día do Libro!

Durante esta semana e a pasada visitamos a Biblioteca Municipal, convidados polo Concello.

A bibliotecaria, Mari Sol, recibiunos e de seguido amosounos a biblioteca e pouco a pouco foinos ensinando os distintos recunchos, explicounos o seu funcionamento, como clasifica e identifica os libros,..
Animounos  a visitar a biblioteca cando queiramos e algúns de nós que non tiñamos carné levamos a foto e os nosos datos para facernos socios.

Foi unha visita moi interesante! 


E para rematar un poemiña
A biblioteca
Xuntos na biblioteca
están sempre alí agardando
que algunha manciña inqueda
decida ir a espertalos.

As súas follas son ventaíñas
que se abren con ledicia
para levarnos a un mundo 
de aventura e fantasía.

As veces leo con bruxas
outras veces, cos planetas,
con princesas, con animais
ou con un neno en bicicleta.

Por favor, non me interrompas,
déixame agora tranquila
que quero ler un libro

e compartilo contigo.

26/04/2016

Concurso de debuxo


Nunha entrada anterior, convidámosvos a participar no concurso de debuxo: A miña favorita para ler é..., con motivo da celebración do Día do Libro. 
Estamos sorprendidos coa cantidade de posturas  que usades para ler: unhas divertidas, outras sorprendentes, outras un tanto perigosas.... pero todas elas xeniais!



Pero, mirade outras moitas! Coidadiño, non imitedes algunhas delas, son moi incómodas!



Pero as mellores, sen dúbida, son as vosas! Con elas sodes quen de desfrutar da lectura!!! 
Graciñas pola vosa participación!!! 

25/04/2016

Para min ler é...

Xa se está achegando a celebración do Día do Libro, e como ben sabedes imos facer diversas actividades para celebralo.
Unha delas vai consistir en expresar por escrito cunha palabra ou dúas o que significa ler para ti.


Pensade que ides por. Logo escribirédelo nunha pegatina para que o Día do Libro poidades pola e  na hora do recreo ensinarlla aos compañeiros para que  vexan o que representa a lectura na nosa vida.


Estamos seguros que nos ides sorprender!!

23/04/2016

Agasalla un libro!

Sabes como se fai un libro?



Se tes o costume de agasallar un libro, pode ser o Día do Libro, ou por outro motivo calquera, deixámosvos esta pequena mostra de como envolvelos dun xeito orixinal e divertido.











Este é un agasallo para vós! Uns libriños LIM








22/04/2016

Os beneficios da lectura


A lectura é clave no desenvolvemento educacional, persoal e emocional das persoas.



Estes son algúns dos beneficios que nos aporta a lectura:

1.  A lectura xuda á comprensión de textos, mellora a gramática, o vocabulario e a escritura.
2. A lectura estimula o razoamento e memoria
3. A lectura axuda a aumentar a curiosidade e o coñecemento sobre determinados temas.

4. A lectura aporta a capacidade do pensamento crítico e a confianza a hora de falar.
5. A lectura é pasatempo e moi  boa vía contra o aburrimento.
6. A lectura axuda a explorar novos mundos e mellora a imaxinación.
7. A lectura favorece a concentración e alivia o estrés.
8. A lectura crea vínculos e axuda a iniciar conversas con outras persoas por afinidade de lecturas, emocións e coñecementos.

9. A lectura sempre che acompaña e fai que non te sintas só.

Día do libro: Invitación á lectura

Karen Hollingsworth, pintou estas imaxes nas que o libro é o protagonista.  Ao miralas producen unha sensación de relax e benestar. 

Amosan un espazo claro, luminoso, cheo de intimidade
e os libros, solitarios, esperando a que un lector ou lectora os colla na súas mans e comece a paixón pola lectura.


Fixádevos en cada ilustración, todas son preciosas!
Onde está o lector?
Por que se foi?
Cal é o libro que o espera?
Gústalle o té ou o café?

Lerá poesía?...







21/04/2016

Seguimos celebrando o Día do Libro!

Seguimos coas actividades da celebración do Día do Libro. 

Hoxe,  tivemos tres sesións de animación á lectura, en colaboración coa Editorial S.M.

Para o primeiro ciclo, unha  sesión de  conta contos.







Os nenos de segundo ciclo, semanas atrás, estiveron lendo os libros: Se vende mejor amigo  e Detective de Nullarbor. A súa actividade de animación á lectura estivo baseada nestes libros e slogans sobre a lectura.




Os rapaces de terceiro ciclo, tamén desfrutaron dunha sesión de animación, baseada nos seus  libros favoritos.


Estes son os seus debuxos e slogans!




Na biblio e no cole seguimos de celebrando o Día do Libro!
Contamos con todos vós!

20/04/2016

Preparando un recuncho especial!

Nesta data  tan especial, na que celebramos o Día do Libro, non podían faltar un recuncho  especial para  eses libros que tanto nos gustan, cos que desfrutamos, cos que nos informamos, eses libros recen estreados, vellos, moi usados, moi lidos, eses que nos fascinan coas súas ilustracións, o seu formato ... e como non, un libro moi, moi especial "Don Quijote de la Mancha.


Todos eles están a vosa disposición no recuncho da entrada da biblio para que os desfrutedes!

19/04/2016

Día do Libro: Coñecendo a Cervantes a a súa obra D. Quijote de la Mancha


Un protagonista especial, para celebrar o Día do Libro.

MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA


Este ano cúmplese o 400 aniversario do seu finamento, con esta entrada convidámosvos a coñecelo un chisco máis e a  súa obra maxistral Don Quixote da Mancha.




Os compañeiros de 3º, despois de investigar, grabaron este vídeo sobre a súa biografía e queren compartilo con todos nós




Estes poemas tamén nos da información da súa vida e das personaxes de Don Quixote! 





 Poesía a Don Quixote


Montado en flaco rocino,
con lanza y armadura,
cabalga por la llanura,
mas allá del quinto pino.

Va paseando errabundo,
decidido y muy sonriente;
quiere salvar a la gente
y arreglar un poco el mundo.

Todos llaman Don Quijote,
a este héroe atrevido,
que por flaco y escurridizo,
parece un gran monigote.


No hai duda de su nobleza,
pero con tanta lectura
y sus ganas de aventura
ha perdido la cabeza.



                                    Poesía a Sancho Panza

Chámase Sancho Panza,
traballa de escudeiro
dun famoso cabaleiro:
Don Quixote da Mancha.

Quería o home sinxelo,
axudando a seu señor,
chegar a gobernador
e vivir nun castelo.

Pero o coitado despistado,
non facía nada dereito:
saía sempre maltreito
e con ollo morado.

Sancho ía de lío en lío,
na súa cabeza montóns
de moi boas intencións
e o estómago vacío.


                           Poesía a Dulcinea

Préstame moita atención:
a Don Quixote o famoso,
unha dama do Toboso,
roubolle o corazón.

Este amor ao mundo asombra,
pois a muller é mandona,
peleona e moi guasona,
e rise da súa sombra.


Dicen por aí que a amada Dulcinea,
non ten un trato moi distinguido,
pero que encanta a Don Quixote
co seu perfume distinguido.

Pero o fidalgo manchego,
a ve delicada e bela
porque está loco por ela.
Para algo o amor é cego!!!!


Ese queres coñecer a obra resumida, non deixes de ler este libriño que fixeron os vosos compañeiros o ano pasado.



Nesta ocasión, a profe Ana, propúxonos facer uns debuxos sobre o capítulo: A aventura los leóns. E... sorpresa! Mirade que nos preparou. Moitísimas grazas Ana.



E agora, a xogar un pouquiño!






E para rematar, estes Libros LIM






18/04/2016

Día do Libro: Gratos recordos na biblio!

Ola rapaces!
Entre os días 19  e 28 de abril, na biblioteca, estamos a celebrar o Día do Libro.


Farémolo dun xeito  moi especial! Homenaxeando a eses libros que fixeron pasar  momentos inesquecibles, divertidos, cheos de imaxinación... aos nosos irmáns maiores, tíos, pais e a nós.

Con moitos deles montamos unha exposición  para que os poidades ver, cheirar, curiosear, compartir e... ler.












Non deixedes de pasar pola biblio!