20 de set. de 2016

Benvidos ao novo curso escolar!

Comezamos un novo curso escolar!
Unha nova oportunidade para construír, para crear, para aprender, para investigar, para medrar, para escribir... 

E como non para LER!





O novo curso é unha páxina en branco. Entre todos  tentaremos ir escribindo nela as nosas experiencias!
Cómo o faremos?
 Xuntando as nosas ilusións, inquedanzas, proxectos, ... seguro que o conseguimosssss




Mentras estamos preparando todo, deixámosvos esta pequena curta 


Un pequeno  marcapáxinas de papel que está esquecido dentro dun libro pechado. Pasa o tempo e non o abre ninguén. Pero unha forte ráfaga de aire fará que comece a súa aventura: impulsadas polo vento, as páxinas do libro convértense en ondas nas que o marcapáxinas  surfeará unha e outra vez, hasta que o vento, de novo peche o libro. Pero non pasa nada, aínda hai outros moitos libros cos que disfrutar.