26/06/2017

O CEIP A Sangriña de viaxe polo mundo

Rematamos o curso, e con el a nosa viaxe polo mundo, e como non podía ser menos, fíxemolo cunha gran celebración internacional!!!

O pasado xoves e venres tivemos o pracer de desfrutar do noso FESTIVAL VIAXEIRO, no centro cultural da nosa vila, onde cada curso nos mostrou da man da profe Rosa algunha das danzas e obras de cada país.

Aquí vos deixamos as gravacións para as poidades ver e requetever as veces que queirades.

Noraboa polo voso traballo!!!



Vémonos en setembro cun novo proxecto por descubrir!!

Groenlandia (4º educación infantil)



Italia (5º educación infantil)



Australia (6º Educación infantil)



Brasil (1º Educación Primaria)




Portugal (2º Educación Primaria)



México (3º Educación Primaria)




China (4ºA Educación Primaria)

 

Suecia (4ºB Educación Primaria)





Cuba (5ºA Educación Primaria)



 Senegal (5ºB Educación Primaria)



Exipto (6ºA Educación Primaria)




 India (6ºB Educación Primaria)



As mamis e avoas  tamén se animaro a participar nesta danza improvisadamente. 


Mirade que ben o pasaron!!!




E agora unha galería fotográfica que recolle momentos inolvidables e divertidos



21/06/2017

Xornada de portas abertas

O pasado martes, foi unha xornada de portas abertas. 



Os pais, nais, avoas... puideron achegarse ao cole para  ver os traballos realizados e recibir información da man dos nenos  sobre os  distintos países polos 

que viaxamos ao longo do curso. 


Deixámosvos estas imaxes que dan boa conta do día 


19/06/2017

Programación final de curso

Rematamos o curso cunha semana mooooiiii viaxeira, deixámosvos o programa para que non vos perdades nadiña de interese.



Making Friends by wendholin

13/06/2017

Remate do curso...

E colorín colorado este curso está, casi, rematado....


Rematámolo cunha exposición dos cadernos viaxeiros, para que non queden esquecidas nun caixón as marabillosas aportacións das familias.







Fixemos recopilación dos libros máis lidos este curso.






E por primeira vez daremos un agasallo ás tres rapazas máis lectoras deste curso.




 Noraboa rapazas!!!!

Recopilación de Contos do Mundo

Como todos sabemos, notamos, sentimos e cheiramos... o fin de curso está a piques de chegar, e dende o IES A Sangriña envíannos unha marabillosa presentación como final do noso traballo conxunto: Contos do mundo enmarcado dentro da nosa PDI: Viaxamos polo mundo.

Deixámosvos a mostra para que xulguedes vós mismo o resultado.

Encántanos!!!



Máis do obradoiro de Booktrailers

Aquí está a mostra gráfica do ben que o pasamos aprendendo no obradoiro de elaboración de booktrailers con María Lobo o pasado dous de xuño!.





Esta é a mostra dun booktrailer feito con moitas ganas e ilusión por un grupo dos nosos colaboradores de biblio.



07/06/2017

Obradoiro de Booktrailers

O pasado 2 de xuño, puidemos disfrutar dun Obradoiro de elaboración BookTrailers como premio pola nosa selección no Voluntariado de lectura-A.



Ás 8:30 da mañá xa nos acompañaba María Lobo de Gingko para explicarnos todo o que iamos facer ao longo da mañá.


Iamos gravar, buscar, elixir e gardar, imaxes e vídeos para montar un booktrailer.


Que non sabedes o que é? Nós tampouco o sabíamos pero agora xa si, é a presentación dun libro, pero deixando no aire intriga para animar á xente a que o lea.

E nós encargámonos de dar os primeiros pasos neste ámbito. 

Aquí van un par de gravacións. 







Próximamente seguiremos publicandooooo.

Animádevos a ler... Nos libros hai cousas fantásticas!!!