28 de out. de 2017

Inauguración de BiblioPepiño

Hoxe estivemos de celebración!!!
BiblioPepiño abriu as súas portas!!!




Cando chegamos á mañá mochilas, e pasaportes nos agardaban ansiosas por saber a onde se dirixirían!!!





Na hora de ler xuntámonos todos no salón de actos:



 Para recibir unha formación básica do uso da biblioteca



De seguido o momento máis ansiado... o reencontro entre padriños e afillados!!!

Aquí vos deixamos a galería de imaxes para que vos busquedes!!!


Boa fin de semana!!!
Vémonos na biblio.

26 de out. de 2017

Xosé Tomás na biblioteca!

Por fin chegou o gran día da biblioteca!

Arrancamos coa primeira das actividades propostas para a celebración do Día das Bibliotecas Escolares:


A visita do ilustrador Xosé Tomás!!!!!



Todos estabamos ansiosos, nerviosos e ilusionados por coñecelo en vivo e directo! Que privilexio telo ilustrador do cartel das bibliotecas escolares deste ano!!!

Na biblioteca todo estaba preparadiño, e cando chegamos alí estaba el esperándonos.


Contounos como foi ideando o cartel: a biblioteca como saída de múltiples inquietudes, investigacións, descubrimentos... representados en cada unha das súas burbullas.


A continuación pedíu a nosa colaboración para ampliar o cartel con novas burbullas que poden acontecer a partires da biblioteca...e comezou a debuxar: zooloxía, o mundo dos contos...



Foi sorprendente ver con que facilidade e rapidez debuxaba todo o que diciamos.
Pero cando nos debuxou  a algúns de nós... 
Deixounos abraiados!!!





De seguido, propúxonos un novo reto! 
Deseñar unha segunda mascota para a biblioteca. Preguntounos como queriamos que fose. Nos fomos dicíndolle  pero... puxémonos algo inquedos, xa que todos queriamos participar. 
Foi Impresionante! 
Mellor que o vexades  por vos mesmos. 





Por último, ensinounos que temos que aprender a rirnos de nós mesmos, fíxoo dun xeito  moi especial: Caricaturizándose!!!  

Rematamos cun merecido e fortísimo aplauso e entregámoslle un pequeno agasallo. 

Foi un día extraordinarimente enriquecedor, divertido e inolvidable!!!




Moitísimas grazas Xosé Tomás!!! 

24 de out. de 2017

Descubrindo ao ilustrador Xosé Tomás

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, os alumnos de quinto, estiveron investigando a biografía do Ilustrador de Xosé Tomás, e refollando algúns dos seus libros para ver as maravillosas  ilustracións  que realiza.

Clica na imaxe

20 de out. de 2017

Celebramos o día das Bibliotecas Escolares

Xa temos todo, ou casi todo preparado para comezar... 

Un ano máis aproveitamos a celebración do Día das Bibliotecas Escolares para Inaugurar o novo curso en BiblioPepiño.

Aquí vos deixamos toda a programación!!!




16 de out. de 2017

Unha visita moi especial

Ola rapazada!!!

Unha gran nova na nosa biblioteca!!! 


Este mércores, 25 de outubro teremos a sorte de disfrutar na nosa biblioteca da presentación do cartel das bibliotecas escolares do presente curso 17-18, coa presenza do seu autor Xosé Tomás Díaz Teijo.










Xosé Tomás é  ilustrador de múltiples libros de literatura infantil e xuvenil.












Entre moitos outros...










Ademáis de ser profesor de inglés e director do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.


Deixámovos algunhas referencias por si queredes investigar sobre el.

http://www.xosetomas.es/

http://www.xosetomas.es/biografiacutea.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1486475024/contido/WEB/index.htm

http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=34


Vémonos o mércores Xosé!!!

3 de out. de 2017

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil!!!!


O escritor galego Antonio García Teijeiro, hoxe foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra " POEMAR O MAR" escrita en galgo e ilustrada por Xan López.


É un libro cargadiño de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista. Por el transitan unha morea de craituras con orixinais e suxerentes composicións poéticas.

Este libro forma parte dunha triloxía composta ademais por " Palabras do mar" e por " En la cuna del mar"


Antonio García naceu en vigo no ano 1952. É un dos grandes poetas e narradores da Literatura Infantil e xuvenil. Na actualidade imparte cursos de animación á lectura, talleres de poesía, creación literaria e conferencias.

É autor doutros títulos:
      En voz baixa
            Peixes de cores
            Honorato, o rato namorado
      Verbas de sal
Recendos de aire sonoro

1 de out. de 2017

Itinerarios Lectores

Pasiño a pasiño imos preparando a apertura da nosa biblioteca!!! 
Aquí vos deixamos os itinerarios lectores escollidos polos titores/as para este novo curso 2017-2018.


 Lembrade que a súa lectura puntúa doble no noso pasaporte!!!

Estade atentos porque haberá máis información próximamente!!!