14/01/2017

Primeira actividade do ano

Despois do parón de Nadal, volve a actividade a biblioteca!!


Os colaboradores saíntes e os entrantes prepararon e ilustraron xuntos  con moita ilusión e entusiasmo un  libriño titulado Miau.

 
Para presentar o conto usaron o Kamishibai





Os máis pequerrechos do cole foron os primeiros en desfrutalo!!





A vindeira semana, os nenos de  catro e cinco anos, tamén o van a desfrutar.
Graciñas rapaces!!!


Despedimos aos axudantes do primeiro trimestre

É o momento de recoñecer a marabillosa labor realizada polos axudantes da biblioteca durante  o primeiro trimestre.

Martín, Sergio, Brais, David e Marc sempre participaron en todas as actividades: organización, decoración, contacontos, axuda aos pequenos a hora de elixir un libro... e outras moitas.



O Equipo de Biblioteca, queremos recoñecer o seu esforzo, dedicación e colaboración con nós e queremos agasallalos e darlles un diploma moi, moi merecido.



Agora despídense para dar paso a outros compañeiros, que tamén queren ser colaboradores, pero,  amosan o seu desexo de seguir colaborando nas tarefas da biblioteca e piden quedar como suplentes.

10/01/2017

Xa estamos de volta!

Ola rapazas e rapazas!

Despois das tan desexadas vacacións de Nadal, xa estamos de volta!

O primeiro que vos queremos contar é  que  entre Papa Noel e as súas Maxestades os Reis Magos  déixannos todiños os libros que lles pedíramos para vós.





Agora están expostos no andel das novidades para que poidades coñecer cada un dos libros.

Tedes que ter un chisco de paciencia, ata o día 13 non poderedes desfrutalos e levalos para as vosas casas.


Xa sabemos que estades impacientes!!