27 de abr. de 2018

Contos coas familias

Remata a nosa semana cargada de experiencias, entre elas, a cantidade de familiares que se achegaron a compartir un anaquiño connosco contándonos un conto.


A abuela de Lía e Leví veu a fascinarnos coa súa intérprete contándonos un conto dun xeito novidoso para nós!




Jorge, o pai de Érik e Vera achegouse cos nenos de 5ºEP do CEIP Solanas facernos unha representación xenial!






Jose o pai de Julia veu a falarnos da Princesa Sabela, un conto moi divertido, co que aprendemos o importante que é ser auténticos.







Guillermo, o pai de Carolina, recuperouse e achegouse a compartir un anaco literario cos nenos e nenas de 4 anos.






E para rematar esta semana tan intensa, hoxe Nuria, a nai de Mía estivo acompañandonos na nosa hora de ler.





Moitas gracias por esta semana, sen a vosa participación esto non sería posible!

25 de abr. de 2018

Apadriñamentos

Qué facer nun día tan fermoso? Tedes unha idea mellor que ir co voso padriñ@ ou afillad@ a desfrutar dun conto? Para nós foi un plan perfecto para facer na hora de ler e seguir cos festexos da nosa semana do libro!



24 de abr. de 2018

Historias en familia

Seguimos con fantásticas visitas das familias do noso alumnado, que se achega a compartir algo de literatura connosco nesta semana do libro.


Hoxe tivemos visitas na aula de 4ºEI con Cristina, a mamá de Tiago, e Amelia a mamá de David. 



En 6º EI acompañounos Eva a nai de Pablo, e Marta, a de Pedro.






E por último en 3º EP estivemos con Nuria a nai de Xacobe.






Moitas grazas pola vosa colaboración, estamos encantados da gran resposta e do gran interese que mostrades nesta actividade!


23 de abr. de 2018

Feliz día do libro!

Hoxe conmemoramos o día do libro, e como ben vos dixemos a semana pasada, fomos pola vila adiante para festexalo. Todos aqueles que se achegaron a compartir un anaquiño deste día connosco foron agasallados cun marcapáxinas moi orixinal deseñado pola nosa alumna Sara Castelo. Esa era a sorpresiña que vos adiantabamos...a semana pasada ensinámosvos como foi o concurso para facer o debuxo deste agasallo, e finalmente quedou así:







Os nenos e nenas de 6º EI tiveron o valor de ir ó instituto, si si, como o ledes, foron ó IES A Sangriña a contarlles a historia de Nadarín



O alumando de 1º EP estivo na Praza do reló representando O cociñeiro Martiño





 Os nenos e nenas de 5ºA foron á praza de abastos para recitar Poemar o Mar




Finalmente, os rapaces de 5ºB achegáronse á residencia Monte Tecla a contarlles a fábula das moscas e o mel, e cantar cancións dos xogos de antes, que seguro moitos deles recordarían da súa infancia.


Ademais, hoxe comezaron as historias en familia, acompañounos Miriam a nai de Joel de 4º EP para contarnos unha histórica mooooi fantástica!








Na clase de 3 anos tivemos un día cargadiño, xa que a maiores de ir á Alameda (a representar A ratiña presumida), viñeron os pais de Andrea para contarnos un conto, foi fantástico.









Para rematar, tamén estivo con nós a nai de Carolina (4 anos) e Martín (3º EP).







Estade atentos, que como xa sabedes é unha semana intensa, e cada día teremos novas cousas que contarvos!

18 de abr. de 2018

Abril...libros mil!

En abril atopámonos cunha data importante, o día do libro!
Estamos a preparar varias actividades para a mesma, a semana que ven, o luns 23 de abril celebraremos o propio día do libro con Contos na rúa, no que varios grupos de alumnos/as realizarán diferentes interpretacións e lecturas por toda a vila, aquí vos deixamos a invitación, animádevos, teremos sorpresiña....





Destacar que a hora de ler do mércores será compartida por padriños e afillados en diferentes recunchos do centro.


Ademáis, durante toda a semana contaremos coa compañía das familias do noso alumando que se achegarán ó cole para as Lecturas en familia, velaquí a disposición por espazos, días e horarios.




Como vedes estamos moi atarefados, e co que nos gusta a nós sorprendervos...estamos a tramar algo pero...para poder velo teredes que achegarvos ós Contos na rúa, despois non digades que non vos avisamos! Deixámosvos unha pista...







13 de abr. de 2018

Paco Nogueiras

Hoxe é un día dos que lembras cando medras, eses días que lembras con cariño, os momentos diferentes no cole, eses coma hoxe nos que nos veu visitar PACO NOGUEIRAS, coa súa música, a súa dramatización, e a súa gran capacidade para que os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria estiveran sen pechar os ollos durante catro contos!!!!


Foi un contacontos fantástico, todo comezou coa ratiña Grisela e o feliz que rematou sendo; coñecimos os diversos Animais de compañía, e fixo que as nosas tripas ruxiran coa Horta de Simón; para rematar rimos a escachar con Tomás o bromista e as súas trapalladas!

Deixámosvos un par de fotiños para que vexades un pouco do que tivemos a sorte de ver, ben vedes nas nosas cariñas cómo o pasamos! 





Adiviñades qué libros se esgotaron da nosa biblio nada máis rematar?

3 de abr. de 2018

Novidades Abril

Chega o terceiro e derradeiro trimestre deste curso escolar 2017/2018, e con el traemos unha chea de novidades para este mes de abril!

Porque en Abril Libros Mil!!!

Botádelles un ollo, e bulide, que pronto desaparecen!!!!